País: España.(2003)
Interpretación: Laia Marull e Luis Tosar
Guión: Iciar Bollaín e Alicia Luna
Produción: Producións La Iguana e Alta Produción
"O cine, se se fai ben, regala pequenos anacos de vida que nunca esquecerás" Amarcord
Sinopse: Cornualles, 1936: A pesar dos grandes acontecementos históricos que están a piques de suceder en Europa, Cornualles mantense como un recuncho do mundo ao abrigo do paso do tempo e dos avatares do exterior. Da información que lles chega a través da radio, granxeiros e pescadores só amosan interese pola predición atmosférica e o estado do mar. Tampouco os forasteiros nin os desocupados son especialmente benvidos nesta pechada comunidade. O descubrimento dun “naufrago” na praia que hai baixo da súa casa, perturbará sen embargo as tranquilas vidas das irmás Janet e Ursula Widdington e da comunidade na que residen dende sempre. Arroxado pola borda dun barco que se dirixía dende o Continente Europeo a América, as intencións primeiras de Andrea Marowski eran comezar unha nova vida en NY, lonxe dunha Europa cada vez máis cercana á guerra, e especialmente dos sentimentos antisemitas, unha ameaza cada vez máis próxima para o xoven violinista de Cracovia. O ter sobrevivido é casi unha miragre e así o senten tanto el mesmo como as irmás Widdington. Coa axuda dun médico local, conseguirán a súa recuperación.
Sinopse: Silvia Broome é unha intérprete das Nacións Unidas, nacida en África, que oe como ameazan de morte a un presidente africano, acusado de xenocidio no seu país, que nuns días dará un discurso na Asamblea Xeral. Tobin Keller é o axente federal encargado de protexela, pero pouco a pouco comezan a levantarse sospeitas sobre os ideais e motivos dela.
Sinopse: Situada no colorido e animado telón de fondo dun Manhattan do noso tempo, “Secretos Compartidos” é unha inxeniosa comedia romántica sobre os xuizos e tribulacións dunha desigual parella de namorados. Rafi, unha directora de fotografía de 37 anos recén divorciada, coñece a David, un pintor de 23 recén licenciado. “Secretos Compartidos” explora o que acontece cando o amor a primeira vista se enfronta coa realidade do día a día nunha relación de adultos. A doctora Lisa Metzger, a psiquiatra de Rafi, que está intentando axudalo a superar os seus medos para poder reanudar unha relación íntima, dase de conta de que o novo amante de Rafi é, desafortunadamente para Lisa, o seu único fillo, David. David e Rafi deberán enfrontarse a unha diferencia de idade de 14 anos, a dos pasados infinitamente diferentes e ás demandas da madre tradicional de David.
Esta película é unha mirada franca cara un romance moderno e urbano presentado abertamente e con un sentido do humor que explora a ledicia de namorarse perdidamente de alguén, e as pelexas que inevitablemente xorden desta nova relación.
Sinopse: Amélie non é unha rapaza como as demáis. Veu ao seu peixe de cores esbarar cara as alcantarillas municipais, á súa nai morrer na plaza de Notre-Dame e ao seu pai adicar todo o seu afecto a un gnomo do xardín. Creceu e converteuse en camareira nun bar de Montmartre cuxa propietaria é unha antiga xinete circense. A vida de Amelia é sinxela, gústalle tirar pedras ao Sena, observar á xente e deixar voar a súa imaxinación. De repente, aos seus vintedous anos, Amelia descobre o seu obxectivo na vida: arranxar a vida dos demais. Inventa toda clase de estatexias para intervir, sen que se dean de conta, na existencia de varias persoas do seu contorno. Entre elas está a súa porteira que pasa os días bebendo viño de Oporto; Georgette, unha estanqueira hipocondríaca: ou “o home de cristal”, un veciño que só ve o mundo ao través da reprodución dun cadro de Renoir.
Sinopse:No ano
Sinopse: Fai catro anos, o público tivo a oportunidade de acompañar a Grez Gocker durante unha fin de semana no que conseguiu perder o seu equipaxe, prender lume ao patio, pasarse nun partido de voleibol acuático, pintar ao gato e someterse a un detector de mentiras ante as exixencias de Jack Byrnes, o pai da súa moza. Agora, pasado o tempo, Greg conseguiu entrar no seu círculo de confianza. Todo vai sobre rodas. Pan e el están planeando a boda con moito entusiasmo. Só queda un pequeno problema que superar, os futuros consogros deben pasar unha fin de semana xuntos. Está decidido. Greg e Pam suben a bordo do novo todoterreo último modelo de Jack para unha visita á illa Focker onde residen Bernie e Roz Focker. É a oportunidade perfecta para que os futuros consogros se coñezan mellor e, sobre todo, para que Jack teña a oportunidade de estudar aos pais de Greg. Todo parece ir vento en popa ata que Jack descobre que o pai abogado e a nai doctora de Greg son en realidade un pai liberal que cuida da casa e a unha terapeura sexual para a terceira idade. Por se iso non fose bantante, logo ven o asunto do todoterreo-retrete, o partido de fútbol americano do máis intenso, o do descarado cubano do cáterin co seu segredo... sen esquecer o incidente do neno pequeno co pegamento... Xa poden estar preparados. Chegou o momento de coñecer a “os pais de el”... Só é unha fin de semana. Que pode ir mal en tan pouco tempo?
Nanny McPhee é unha persoa de aspecto curioso con poderes máxicos que entra no fogar do viuvo Sr. Brown e dos seus sete insoportables fillos. Capitaneados por Simon, o maior, os extremadamente malcriados rapaces conseguiron que fuxiran as 17 predecesoras de Nanny e están convencidos de que ela tampouco será un problema. Pero ao facerse Nanny McPhee cargo da situación, comezan a ver que o seu mal comportamente ten rápidas, máxicas e inesperadas consecuencias. A súa influencia abarca outros problemas; por exemplo, os sorprendentes e inexplicables intentos do Sr. Brown por atopar unha esposa; o anuncio por parte da dominante tía Adelaide de que quere levarse aos rapaces, e os tristes e segredos desexos de Evangeline, a criada. Curiosamente, á par que muda o comportamento dos nenos, tamén o fai o fiero aspecto de Nanny McPhee, plantexando aínda máis preguntas acerca da misteriosa muller á que os rapaces e o seu pai aprenderon a querer.
Ficha Técnica 1
Ficha Técnica 2
Páxina Oficial (English)
Trailer
Sinopse: “Buenas noches y buena suerte” sucede durante os primeiros tempos do periodismo televisivo en EEUU, na década dos 50. É a crónica do auténtico enfrontamente entre Edgard R. Murrow, presentador das noticias, e o senador Joseph McCarthy e o Comité de Actividades Antiamericanas, Coa firme voluntade de informar dos feitos e ilustrar á audiencia, Murrow e o seu incondicional equipo, fan fronte ás presións corporativas e dos pratocinadores para examinar as mentiras e as tácticas alarmistas perpetradas por McCarthy durante a súa “caza de bruxas comunista. Cando o senador reacciona acusando ao presentador de ser comunista, eríxese unha enorme indignación pública. Naquel clima de medo e represión, o equipo da CBS seguiu cara adiante sen atender a rogos. A súa tenacidade finalmente valiu a pena cando o mismísimo McCarthy tivo que presentarse ante o Senado e foi desposeido de poder unha vez que as súas mentiras e abusos quedaron por fin ao descuberto.
Sinopse: Ann Darrow, é unha actriz de vodevil que se queda sen traballo durante a Gran Depresión en Nova Yorke. A súa sorte muda cando coñece a Carl Denma un empresario, cuentista, aventureiro e cineasta que loita para abrirse camiño no mundo do espectáculo. Jack Driscoll é un autor de teatro neoyorquino convertido no heroe improbable dunha aventura romántica na que deberá demostrar o seu valor e bondade. Todos se embarcan na expedición que os levará a unha remota illa para o rodaxe da película que Denma vai dirixir. Alí descobren un ser incrible, un gorila xigante coñecido como King Kong, que habita nunca frondosa serva onde criaturas prehistóricas viven protexidas e ocultas durante millóns de anos. Denham, cun apetito insacible de grandeza, ve axiña a fama que pode reportarlle a captura do gorila e a súa exhibición en Nova Yorke.
Sinopse: Unha nena de doce anos e a súa nai, vense abocadas á miseria cando, coa chegada dos talibáns ao poder en Afganistán, perden o seu dereito a traballar e a posibilidade de sair soas á rúa, xa que non teñen ningún home na familia que vele por elas. A nai e a avoa da nena deciden entón facela pasar por un rapaz, o que a aterroriza só de pensar no que lle pode pasar se descubren a súa verdadeira identidade. Cando, en compañía doutros rapaces, é levada á madrasa, escola relixiosa que ademais é un centro de formación militar dos talibáns, recibe a axuda de Espandi, un rapaz que sabe quen é realmente e que lle pon nome: Osama
Sinopse: Os habitantes dun campo de refuxiados kurdos na fronteira entre Irán e Turquía buscan desesperadamente unha antena parabólica para enterarse do que está a acontecer ante a inminente guerra que está a piques de estallar. Os nenos son os que levan o peso desta brutal historia. Nenos que viviron o horror, algúns mutilados realmente, representando as súas propias experiencias nunha interpretación, que fai máis duro, se cabe, este alegato antibelicista.
Unha película humana, que amosa a vida diaria destes nenos, os seus sentimentos, o seu sufrimento, o seu día a día recollendo minas antipersoa e vendéndoas no mercado clandestino.
Sinopse: Londres, 1850. Vera Drake vive con Stan, o seu marido, e os seus dous fillos, Sid e Ethel. Unha familia modesta, pero feliz. Vera é unha muller da limpeza: Stan é mecánico no garaxe do seu hirmá; Ethel traballa nunha fábrica de bombillas e Sid é aprendiz de sastre. Vera sempre está axudando á xente: visita regularmente a un veciño enfermo e invita a outro, Reg, a cear a casa porque cré que non come o suficiente; e, en secreto, axuda tamén a rapazas novas a abortar, unha práctica ilegal na Inglaterra daquela época. Cando unha de estas rapazas é hospitalizada en estado grave, a policía interrógaa e vai buscar a Vera a casa ante a perplexidade do resto da familia, precisamente cando celebran o compromiso entre Ethel e Reg.
Sinopse: “Match Point” narra a dramática historia do ascenso en sociedade dun rapaz e das terribles consecuencias da súa ambición. O protagonista debátese entre dúas mulleres e ao non atopar a saída, opta por unha solución desesperada ambientada na sociedade das clases altas inglesas. Unha fermosa rapaza norteamericana interponse entre Chris e a súa muller Chloe. Tom é o rico irmán de Chloe e o involuntario iniciador dos tráxicos acontecementos.