País: Gran Bretaña e Francia (2004)
Interpretación: Imelda Staunton, Phil Davis, Peter Wight
Fotografía: Dick Pope
Produción: Simon Chaning Williams e Alain Sarde
Música: Andrew Dickson
Sinopse: Londres, 1850. Vera Drake vive con Stan, o seu marido, e os seus dous fillos, Sid e Ethel. Unha familia modesta, pero feliz. Vera é unha muller da limpeza: Stan é mecánico no garaxe do seu hirmá; Ethel traballa nunha fábrica de bombillas e Sid é aprendiz de sastre. Vera sempre está axudando á xente: visita regularmente a un veciño enfermo e invita a outro, Reg, a cear a casa porque cré que non come o suficiente; e, en secreto, axuda tamén a rapazas novas a abortar, unha práctica ilegal na Inglaterra daquela época. Cando unha de estas rapazas é hospitalizada en estado grave, a policía interrógaa e vai buscar a Vera a casa ante a perplexidade do resto da familia, precisamente cando celebran o compromiso entre Ethel e Reg.
No hay comentarios:
Publicar un comentario