País: Reino Unido.(2005)
Interpretación: Ralph Fiennes, Fachel Weisz, Danny Huston, Bill Nighi
Música: Alberto Iglesias
Produción: Simon Channing Williams
Fotografía: César Charlone
Sinopse: Nun afastado lugar ao norte de Kenya, asesiñan brutalmente á activista máis entregada da zona, a brillante e apaixoada Tessa Quayle. Un médico local que a acompaña fuxiu e todo parece apuntar a que foi un crime pasional. Sandy Woodrow, Ser Bernard Pellegrin e os demais membros do Alto Comisionado Británico están convencidos de que o viuvo de Tessa, o apacible e pouco cobizoso Justin deixará o asunto nas súas mans, pero están moi equivocados. O equilibrio profesional do diplomático basculou ao perder á muller á que tanto amaba. Eses dous seres tan oportos atraíanse e desfrutaban dun feliz matrinomio. As lembranzas desa unión empurran a Justin a tomar unha decisión por primeira vez na súa vida persoal e profesional. Perseguido polos remordimentos e ferido polos rumores das supostas infidelidades da súa esposa. Justin sorpréndese a si mesmo e “remata o que ela comezou” Para conseguilo, debe aprender a marchas forzadas como funciona a industri afarmaceutica, xa que Tessa estaba a piques de descubrir un escándalo, e viaxará por dous continentes en busca da verdade. Non tardará en darse de conta da existencia dunha conspiración tan letal como común que se ten cobrado a vida de inocentes e poñerá a súa en perigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario