29.12.17

FURTIVOS

Dirección: José Luis Borau
País: España (1975)
Guión: Manuel Gutiérrez Aragón, José Luis Borau
Música: Vainica Doble
Fotografía: Luis Cuadrado
Reparto: Lola Gaos, Ovidi Montllor, Alicia Sánchez, Ismael Merlo, José Luis Borau, Felipe Solano, Antonio Gamero.

Sinopse: Ángel (Ovidi Montllor) é un cazador furtivo que vive nun bosque coa súa nai (Lola Gaos), unha muller tiránica e violenta. Nunha das súas escasas viaxes á cidade, coñece a Milagros (Alicia Sánchez), unha moza que fuxiu dun reformatorio e que é a amante dun delincuente chamado El Cuqui. Ángel protésea e lévaa á súa casa. A nimosidade da nai cara Milagros, así como a atracción que Ángel sente cara a ela desembocarán nun drama. 


MENSAKA


Dirección: Salvador García Ruiz
País: España (1998)
Guión: Luis Marías
Música: Pascal Gaigne
Fotografía: Teo Delgado
Reparto: Tristán Ulloa, Gustavo Salmerón, Pedro González Macho, Ginés García Millán, Sandra Rodríguez, Guillermo Toledo, Lola Dueñas, Laia Marull, Adriá Collado, María Esteve.

Sinopse: Perante un outono, a vida dun grupo de xóvenes sofre unha transformación radical. Viven nunha gran cidade e, aínda que pertencen a clases sociais ben diferentes, séntense unidos por unha especia de lazos invisibles que se irán facendo cada vez máis estreitos ata formar un mundo particular, moito máis pequeno do que se imaxinan.

Ficha Técnica
Guía Didáctica

EN EL MUNDO A CADA RATO

Dirección: Patricia Ferreira, Pere Joan Ventura, Chus Gutiérrez, Javier Corcuera, Javier Fesser
País: España (2004)
Guión: Patricia Ferreira, Pere Joan Ventura, Chus Gutiérrez, Javier Corcuera, Javier Fesser
Música: José Nieto, Tao Gutiérrez
Fotografía: Rafa Roche, Alberto Molina, Jordi Abusada, Chechu Graf
Reparto: Documentary

Sinopse: Documental producido por TUS OJOS en colaboración con UNICEF para contribuir á protección dos dereitos da infancia no mundo. Abórdanse as cinco prioridades de UNICEF: A educación das nenas, o desenvolvemento integrado na primeira infancia, a inmunización, a loita contra o VIH/SIDA e a loita contra a violencia, a explotación e a discriminación. Son cinco historias rodadas en distintos paíss do mundo e cuxos protagonistas son os nenos:
  1. "El secreto mejor guardado", Dirixida por Patricia Ferreira e rodada na India.
  2. "La vida efímera", dirixida por Pere Joan Ventura e rodada na Guinea Ecuatorial.
  3. "Las siete alcantarillas", dirixida por Chus Gutiérrez e rodada na Arxentina.
  4. "Hijas de Belén", dirixida por Javier Corcuera e rodada en Perú.
  5. "Binta y la gran idea", dirixida por Javier Fesser e rodada no Senegal.
Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3

SOLAS

Dirección: Benito Zambrano
País: España (1999)
Guión: Benito Zambrano
Música: Antonio Meliveo
Fotografía: Tote Trenas
Reparto: María Galiana, Ana Fernández, Carlos Álvarez-Novoa, Antonio Dechent, Paco de Osca, Juan Fernández, Miguel Alcíbar, Pilar Sánchez, Concha Galán, Paco Tous.

Sinopse: María (Ana Fernández) malvive nun oscuro apartamento dun barrio miserable, traballa eventualmente como muller da limpeza e, case que con cuarenta anos, descobre que está embarazada dun home ao que non ama. A súa soidade é tan grande que so atopa consolo na bebida. A súa nai (María Galiana), que ten consumido a súa vida ao lado dun home violento e intolerante, non ten nin sequera o consolo de tela preto. Con motivo do ingreso do seu home nun hospital, a nai visita a María no seu apartamento e coñece a un veciño viuvo (Carlos Álvarez) que vive co seu can. A relación que se establece entre estes tres naúfragos alivia as súas soidades e deixa a porta aberta á esperanza. 

FRESA Y CHOCOLATE

Dirección: Tomás G. Alea, Juan Carlos Tabío
País: Cuba (1993)
Guión: Senel Paz
Música: José María Vitier
Fotografía: Mario García Joya
Reparto: Jorge Perugorría, Vladimir Cruz, Mirtha Ibarra, Francisco Gattorno, Marilyn Solaya, Joel Angelino

Sinopse: David (Vladimir Cruz) é un comunista convencido que estudia socioloxía na Universidade da Habana. Diego (Jorge Perugorría) é un artista Homosexual acosado pola homofobia do réxime castrista. A pesares das abismais diferencias que os separan, entre eles xorde unha fonda amizade.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2

28.12.17

FULL MONTY

Dirección: Peter Cattaneo
País: Reino Unido (1997)
Guión: Simon Beaufoy
Música: Anne Dudley
Fotografía: John de Borman
Reparto: Robert Carlyle, Mark Addy, Tom Wilkinson, Lesley Sharp, Paul Barber, William Snape, Steve Huison, Hugo Speer, Emily Woof, Deirdre Costello, Paul Butterworth, Dave Hill, Bruce Jones..

Sinopse: O peche da fábrica de aceiro de Yorkshire deixa sen traballa a casi toda a poboación masculina. Gaz, un dos obreiros afectados, perderá o dereito de ver ao seu fillo se non consegue diñeiro para pagar a pensión de manutención familiar á súa muller. En medio da desesperación, ocórreselle unha idea, a primeira vista disparatada, e plantéxalla aos amigos que están na mesma situación: organizar un espectáculo de strip-tease.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3

MISSISSIPPI MASALA

Dirección: Mira Nair
País: EEUU (1991)
Guión: Sooni Taraporevala
Música: L. Subramaniam
Fotografía: Edward Lachman
Reparto: Denzel Washington, Roshan Seth, Sarita Choudhury, Charles S. Dutton, Joe Seneca, Tico Wells, Sharmila Tagore.

Sinopse: Expulsados pola dictadura de Uganda en 1972, un matrimonio hindú e a súa pequena filla Mina emigran aos EEUU onde, despois de varios anos de tranquilidade, a paixón da fermosa Mina por un home de cor lles fai vivir o odio racial a anguria e o amor das súas vidas pasadas. 

Ficha Técnica
Guía Didáctica

PAN Y ROSAS

Dirección: Ken Loach
País: Reino Unido (2000)
Guión: Paul Laverty
Música: George Fenton
Fotografía: Barry Ackroyd
Reparto: Pilar Padilla, Adrien Brody, Elpidia Carrillo, George López, Jack McGee

Sinopse: Maya e Rosa son dúas irmás mexicanas que traballan, en condicións de explotación, como limpadoras nun edificio de oficina do centro dos Ánxeles. Un encontro con Sam, un apaixoado activista norteamericano, cambiará as súas vidas. Grazas a Sam. toman conciencia da súa situación laboral e emprenden unha campaña de loita polos seus dereitos, pero corren o risco de perder o seu traballo e de ser expulsadas do país. 

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3
Guía Didáctica 4

LA DELGADA LINEA ROJA

Dirección: Terrence Malick
País: EEUU (1998)
Guión: Terrence Malick
Música: Hans Zimmer
Fotografía: John Toll
Reparto: Sean Penn, Jim Caviezel, Nick Nolte, Elias Koteas, Ben Chaplin, Dash Mihok, John Cusack, Adrien Brody, John C. Reilly, Woody Harrelson, Miranda Otto, Jared Leto, Will Wallace...

Sinopse: Ano 1942, en plean Segunda Guerra Mundial na Illa de Guadalcanal, no Pacífico. Un grupo de homes da compañía de fusileros do exército americano "C de Charlie" combate contra o exércido xaponés pola conquista dunha estratéxica colina. Este grupo forma parte das tropa enviadas para relevar ás unidades de infatería de Marina, esgotadas polo combate.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2

YENTL

Dirección: Barbra Streisand
País: EEUU (1983)
Guión: Barbra Streisand, Jack Rosenthal
Música: Michel Legrand, Alan Bergman, Marilyn Bergman
Fotografía: David Watkin
Reparto: Barbra Streisand, Mandy Patinkin, Amy Irving, Nehemiah Persoff, Steven Hill, Allan Corduner, Miriam Margolyes, Ruth Goring, David de Keyser

Sinopse: Nun pobo da Europa Oriental de principios do século XX, a xove xudéa Yentl Mendel (Streisand), filla dun rabino viuvo que ensina o Talmud ao xoves locais, faise pasar por varón par estudar nunha escola reservada para homes. Pero os problemas aparecerán cando se namora doutro estudante, Avigdor (Mandy Patinkin), que non sabe que é unha muller.


LA VIDA DE LOS OTROS

Dirección: Florian Henckel von Donnersmarck
País: Alemaña (2006)
Guión: Florian Henckel von Donnersmarck
Música: Gabriel Yared, Stéphane Moucha
Fotografía: Hagen Bogdanski
Reparto: Ulrick Mühe, Martina Gedeck, Sebastian Koch, Ulrich Tukur, Thomar Thieme, Hans-Uwe Bauer, Volkmar Kleinert, Matthias Brenner, Charly Hübner, Herbert Knaup.

Sinopse: República Democrática Alemana, ano 1984. O capitán Gerd Wiesler (Ulrich Mühe), un home solitario, é un competente oficial do servizo de intelixencia e espionaxe da Stasi, a todopoderosa policía segreda do réxime comunista de RDA. Sen embargo, cando lle encomenda que espía á parella formada por un prestixioso escritor (Sebastian Koch) e unha popular actriz (Martina Gedenk), non pode nin sequera imaxinar ata que punto esa misión vai a influir na súa concepción da vida e do mundo.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3

22.12.17

VEREDICTO FINAL

Dirección: Sidney Lumet
País: EEUU (1982)
Guión: David Mamet
Música: Johnny Mandel
Fotografía: Andrzej Bartkowiak
Reparto: Paul Newman, Charlotte Rampling, Jack Warden, James Mason, Milo O'Shea, Lindsay Crouse, Edward Binns, Julie Bovasso, Roxanne Hart, James Handy, Wesley Addy, Joe Seneca...

Sinopse: Frank Galvin (Paul Newman), un maduro avogado en decadencia, é un adicto ao alcohol que sobrevive grazas a pequenos e rutinarios traballos. Un antigo socio lémbralle o caso, aínda sen resolver, dun error médico cometido nun hospital e do que Galvin se tivera ocupado. Non é nada doado para el traballar de novo de xeito profesional, pero o seu tesón é tal que non tarda en averiguar que pode gañar o caso. É entón cando comeza a recibir ofertas económica para arranxar o asunto sen ir a xuizo. Pero Galvin está disposto a xogalo todo, tanto para acadar unha importante indemnización para os familiares como para rehabilitarse como avogado e como persoa.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1

LAS UVAS DE LA IRA

Dirección: John Ford
País: EEUU (1940)
Guión: Nunnally Johnson
Música: Alfred Newman
Fotografía: Gregg Toland
Reparto: Henry Fonda, Jane Darwell, John Carradine, Charley Grapewin, Dorris Bowdon, Russell Simpson, John Qualen, O.Z. Whitehead, Eddie Quillan, Zeffie Tilbury, Ward Bond

Sinopse: Tom Joad (Henry Fonda) volta ao seu fogar tras cumprir condena en prisión, pero a ilusión de voltar a ver aos seus transfórmase en frustración ao ver como os expulsan das súas terras. Para fuxir da fame e da pobreza, a familia non ten máis remedio que emprender unha longuísima viaxe chea de penurias coa esperanza de atopar unha oportunidade en California, a terra prometida.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3
Guía Didáctica 4

UP

Dirección: Pete Docter, Bob Peterson
País: EEUU (2009)
Guión: Bob Peterson, Pete Docter
Música: Michael Giacchino
Fotografía: Animation
Reparto: Animation

Sinopse: Carl Fredricksen é un viuvo vendedor de globos de 78 anos que, finalmente, consegue levar a cabo o soño da súa vida: enganchar miles de globos á súa casa e sair voando rumbo a América do Sur. Pero xa estando no aire e sen posibilidade de voltar Carl descobre que viaxa acompañado de Russell, un explorador que ten oito anos e un optimismo a proba de bomba. 


21.12.17

TRAFFIC

Dirección: Steven Soderbergh
País: EEUU (2000)
Guión: Stephen Gaghan
Música: Cliff Martínez
Fotografía: Steven Soderbergh
Reparto: Michael Douglas, Benicio del Toro, Don Cheadle, Catherine Zeta-Jones, Denis Quaid, Erika Christensen, Steven Bauer, Miguel Ferrer, Amy Irving, Luis Guzmán, Benjamín Bratt...

Sinopse: O xuiz Robert Wakefield é nomeado polo Presidente dos Estados Unidos supervisor dos grupos de loita contra a droga e da súa coordinación coas autoridades mexicanas. Sen embargo, a súa satisfacción inicial polo seu prestixioso carge esfumarase cando descobra que a súa filla de 16 anos converteuse nunha drogadicta. Mentras tanto, ao sur da fronteira, o axente mexicano Javier Rodríguez intenta librar a súa propia batalla contra a droga.

20.12.17

TIEMPOS MODERNOS

Dirección: Charles Chaplin
País: EEUU (1936)
Guión: Charles Chaplin
Música: Charles Chaplin
Fotografía: Rollie Totheroh, Ira Morgan
Reparto: Charles Chaplin, Paulette Goddard, Henry Bergman, Chester Conklin, Stanley Stanford, Hank Mann, Louis Natheaux, Allan García.

Sinopse: Esgotado polo frenético ritmo da cadea de montaxe, un obrero metalúrxico acaba perdendo a razón. Despois de recuperarse nun hospital, sal e é encadeado por participar nunha manifestación na que se atopaba por casualidade. No cárcere, tamén sen pretendelo, axuda a controlar un motón, grazas ao que queda en liberdade. Unha vez fóra, reemprende a loita pola supervivencia en compañía dunha xoven orfa á que coñece na rúa.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3

EL SHOW DE TRUMAN

Dirección: Peter Weir
País: EEUU (1998)
Guión: Andrew Niccol
Música: Burkhard Dallwitz
Fotografía: Peter Biziou
Reparto: Jim Carrey, Laura Linney, Noah Emmerich, Ed Harris, Natascha McElhone, Holland Taylor, Paul Giamatti, Adam Tomei, Harry Shearer, Brian Delate, Philip Baker Hall, Peter Krause...

Sinopse: Truman Burbank é un home corriente e algo inxenuo que ten vivido toda a súa vida nun deses pobos onde nunca pasa nada. Sen embargo, de repente, uns extraños sucesos fanlle sospeitar que algo anormas está a acontecer. Todos os seus amigos son actores, toda a súa cidade é un plató, todas a súa vida está sendo filmada e emitida como o reálity máis ambicioso da historia.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2

LA TERMINAL

Dirección: Steven Spielberg
País: EEUU (2004)
Guión: Sacha Gervasi, Jeff Nathanson
Música: John Williams
Fotografía: Janusz Kaminski
Reparto: Tom Hanks, Catherine Zeta-Jones, Stanley Tucci, Chi McBride, Diego Luna, Eddie Jones, Barry Shabaka Henley, Zoe Saldana, Kumar Pallana.

Sinopse: Victor Navorski, un cidadán dun pequeno país do Este europeo, vese involuntariamente exiliado na terminal internacional do aeroporto JFK de Nova York cando estala unha guerra civil na súa terra de orixe. A raíz do conflito, o pasaporte de Victor queda anulado e vese obrigado a quedarse na terminal, xa que non pode pisar solo estadounidense nin subir a ningún avión. Perante a súa estadía, fará de todo para sobrevivir e entablará relación co persoal que traballa no aeroporto, especialmente cunha fermosa azafata e co estrito responsable de seguridade da instalación. Película inspirada no caso real dun exiliado iraní que estivo vivindo 18 anos na terminal internacional do aeroporto Charles Degaulle de París.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2


19.12.17

SER Y TENER

Dirección: Nicolas Philibert
País: Francia (2002)
Guión: Nicolas Philibert
Música: Philippe Hersant
Fotografía: Nicolas Philibert, Laurent Didier, Katell Djian, Hugues Gemignani
Reparto: Documental

Sinopse: Documental que amosa a vida dunha pequena clase dun pobo ao longo de todo un curso, amosándonos unha mirada á educación primaria no corazón da Landa francesa. Unha ducia de alumnos entre 4 e 10 anos, reunidos na mesma clase, fórmanse en todas as materias baixo a titoría dun so profesoe de extraordinaria dedicación. Mestre da autoridade tranquila, o profesor Georges López conduce aos rapaces cara á adolescencia mediando entres as súas disputas e escoitando os seus problemas.

Ficha Técnica
Guía Didáctica

SENDEROS DE GLORIA

Dirección: Stanley Kubrick
País: EEUU (1957)
Guión: Stanley Kubrick, Calder Willingham, Jim Thompson
Música: Gerald Fried
Fotografía: Georg Krause
Reparto: Kirk Douglas, George MacReady, Adolphe Menjou, Ralph Meeker, Wayne Morris, Joe Turkel, Richard Anderson, Timothy Carey, Peter Capell, Susanne Christian, Bert Freed...

Sinopse:  Primeira Guerra Mundial (1914-1918). En 1916, en Francia, o xeneral Boulard ordea a conquista dunha inexpugnable posición alemana e encarga esa misisón ao codicioso xeneral Mireau. O encargado de dirixir o ataque será o coronel Dax. A toma da colina resulta un inferno, e o reximento emprende a retirada cara as trincheras. O alto mando militar, irritado pola derrota, decide impoñer ao reximento un terrible castigo que sirva de exemplo aos demáis soldados.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2

LOS SANTOS INOCENTES

Dirección: Mario Camus
País: España (1984)
Guión: Mario Camus, Antonio Larreta, Manuel Matji
Música: Antón García Abril
Fotografía: Hans Burman
Reparto: Alfredo Landa, Francisco Rabal, Juan Diego, Terele Pávez, Belén Ballesteros, Juan Sánchez, Ágata Lys, Agustín González, Manuel Zarzo, Mary Carrillo, José Guardiola, Maribel Martín

Sinopse: España franquiesta. Durante a década dos sesenta, unha familia de campesiños vive miserablemente nun cortello extrememño baixo a férula do terratenente. A súa vida é renuncia, sacrificio e obediencia. O seu destiño está marcado, a non ser que algún acontecemento imprevisto lles permita romper as súas cadeas. Adaptación da novela homónima de Miguel Delibes.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3

SALVAR AL SOLDADO RYAN

Dirección: Steven Spielberg
País: EEUU (19989
Guión: Robert Rodat
Música: John Williams
Fotografía: Janusz Kaminski
Reparto: Tom Hanks, Tom Sizemore, Edward Burns, Matt Damon, Barry Pepper, Giovanni Ribisi, Adam Goldberg, Jeremy Davies, Vin Diesel, Ted Danson, Paul Giamatti, Max Martini...

Sinopse: Segunda Guerra Mundial (1939-1945). Tras o desembarco dos Aliados en Normandía, a un grupo de soldados americnaos encoméndaselles unha perigosa misión: poñer a salvo ao soldado James Ryan. Os homes da patrulla do capitán John Miller deben arriscar as súas vidas para encontrar a este soldado, cuxos hirmás morreron na guerra. O único que se sabe do soldado Ryan é que se lanzou co seu escuadrón de paracaidistas tras as liñas enemigas.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3


LA RED SOCIAL

Dirección: David Finches
País: EEUU (2010)
Música: Atticus Ross, Trent Reznor
Fotografía: Jeff Cronenweth
Reparto: Jesse Eisenberg, Andrew Garfield, Justin Timberlake, Armie Hammer, Max Minghella, Josh Pence, Joseph Mazzello, Rashida Jones, Brenda Song, Rooney Mara, Malese Jow, Trevos Wright...

Sinopse: Unha noite de outono do ano 2003, Mark Zuckerberg (Jesse Eisenberg), alumno de Harvard e xenio da programación, séntase diante do ordenador e comeza a desenvolver unha nova idea: The Facebook. O que comezou na habitación dun colexio maio pronte se converteu nunha revolucionaria rede social. Seis anos e 500 millóns de amigos despois, Zuckerberg é o billonario máis xoven da historia. Pero a este xoven emprendedor o éxito trouxolle tamén complicacións persoais e leagis, en especial a acusación de que roubou a idea duns estudantes da súa mesma universidade, e a súa turbulenta relación con Eduardo Saverin (Andrew Garfield), o seu antigo amigo e co-fundador de Facebook.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2

18.12.17

EL PIANISTA

Dirección: Roman Polanski
País: Reino Unido (2002)
Guión: Ronald Harwood
Música: Wojciech Kilar
Fotografía: Pawel Edelman
Reparto: Adrien Brody, Thomas Kretschmann, Maureen Lipman, Ed Stoppard, Emilia Fox, Frank Finlay, Julia Rayner, Jessica Kate Meyer

Sinopse: Wladyslw Szpilman, un brillante pianista polaco de orixe xudéo, vive coa súa familia no ghetto de Varsovia. Cando, en 1939, os alemáns invaden Polonia, consegue evitar a deportación grazas á axuda dalgúns amigos. Pero terá que vivir agochado e completamente illado durante moito tempo, e para sobrevivir terá que enfrontrar constantes perigos.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3 (Profesorado)
Caderniño Alumnado


17.12.17

PHILADELPHIA

Dirección: Jonathan Demme
País: EEUU (1993)
Guión: Ron Nyswaner
Música: Howard Shore
Fotografía: Tak Fujimoto
Reparto: Tom Hanks, Denzel Washington, Antonio Banderas, Ron Vawter, Robert Ridgely, Joanne Woodward, Jason Robards, Charles Napier, Roberta Maxwell, Buzz Kilman, Karen Finley...

Sinopse: Andrew Beckett, un xoven e prometedor avogado de Philadelphia, é despedido do prestixioso bufete no que traballa cando os seus xefes se enteran de que ten contraído o SIDA. Decide entón damandar á empresa por despido improcedente, pero nun principio ningún avogado acepta defender o seu caso.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3
Guía Didáctica 4

LA OLA

Dirección: Dennis Gansel
País: Alemaña (2008)
Guión: Dennis Gansel, Peter Thorwarth
Música: Heiko Maile
Fotografía: Torsten Breuer
Reparto: Jürgen Vogel, Frederick Lau, Jennifer Ulrich, Max Riemelt, Christiane Paul, Elyar M'Barek, Jacob Matschenz, Cristina Do Rego, Maximilian Mauff, Maximilian Vollmar, Ferdinand Schmidt-Modrow...

Sinopse: En Alemaña, durante a semana de proxectos, ao profesor de instituto Rainer Wenger (Jürgen Vogel) ocórreselle facer un experimento para explicar ao seu alumnado o funcionamente dun réxime totalitario. En apenas uns días, o que parecía unha proba inócua baseada na disciplina e o sentimento de comunidade vai derivando cara unha situación sobre a que o profesor perde o control.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3
Guía Didáctica 4
Guía Didáctica 5
Guía Didáctica 6

NORMA RAE

Dirección: Martin Ritt
País: EEUU (1979)
Guión: Irving Ravetch, Harriet Frank Jr.
Música: David Shire
Fotografía: John A. Alonzo
Reparto: Sally Field, Beau Bridges, Ron Leibman, Pat Hingle, Barbara Baxley, Gail Strickland, Robert Broyles, John Calvin, Morgan Paull, Booth Colman.

Sinopse: Baseada en feitos reias, narra o proceso de concienciación política dunha muller e o seu compromiso coa loita sindical. Norma Rae (Sally Field), unha obreira dunha fábrica textil do sur de Estados Unidos, pasa por momentos difíciles tras a morte do seu marido. Cando chega á cidade un líder sindical que se propón formar un sindicato na fábrica, a vida de Norma cambia por completo: participa na loita laboral e se casa cun compañeiro de traballo. Convertida en líder sindicalista, terá que enfrontarse a enormes dificultades para implantar un sindicato na súa fábrica.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2

LOS MUNDOS DE CORALINE

Dirección: Henry Selick
País: EEUU (2009)
Guión: Henry Selick
Música: Bruno Coulais
Fotografía: Animation, Paul Gentry, Pete Kozachik
Reparto: Animation

Sinopse: Baseada nunha novela de Neil Gaiman, narra a historia dunha nena que, ao atravesar unha parede da súa casa, atopa unha versión mellorada da súa vida: os seus pais son máis considerados con ela, pero as sensacións marabillosas darán paso ao medo e á anguria.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2

MATILDA

Dirección: Danny De Vito
País: EEUU (1996)
Guión: Robin Swicord
Música: David Newman
Fotografía: Stefan Czapsky
Reparto: Mara Wilson, Danny De Vito, Rhea Perlman, Embeth Davidtz, Pam Ferris, Brian Levinson, Paul Reubens.

Sinopse: Matilda Wormwood é unha nena moi curiosa e intelixente, todo o contrario que os seus chabacáns pais, que soen ignorala e despreciala. Tras descobrir que posee poderes telequinésicos, chega á conclusión de que podería usalos para facer o ben, axudando aos que están en dificultades, pero tamén para castigar ás persoas crueis e preversas.


MATAR UN RUISEÑOR

Dirección: Robert Mulligan
País: EEUU (1962)
Guión: Horton Foote
Música: Elmer Bernstein
Fotografía: Russell Harlan
Reparto: Gregory Peck, Mary Badham, Brock Peters, Phillip Alford, John Megna, Frank Overton, Rosemary Murphy, Robert Duvall

Sinopse: Adaptación da novela homónima de Harper Lee. Na época da Gran Depresión, nunha poboación sureña, Atticus Finch (Gregory Peck) é un avogado que defende a un home negro acusado de ter violado a unha muller branca. Aínda que a inocencia do home resulta evidente, o veredicto do xurado é tan previsible que ningún avogado aceptaría o caso, excepto Atticus Finch, o cidadán máis respectable da cidade. A súa compasiva e valente defensa dun inocente granxéalle enemizades, pero outórganlle o respecto e a admiración dos seus fillos, horfos de nai. 


PROFESOR LAZHAR

Dirección: Philippe Falardeau
País: Canadá (2011)
Música: Martin Léon
Fotografía: Ronald Plante
Reparto: Mohamed Fellag, Sophie Nélisse, Émilien Néron, Marie-Éve Beauregard, Vincent Millard, Seddik Benslimane, Louis-David Leblanc, Danielle Proulx, Brigitte Poupart, Jules Philip...

Sinopse: Bachir Lazhar, un humilde mestre de primaria de orixe arxeline, é contratado nun colexio de Montreal para substituir a unha profesora que se suicidou aforcándose dentro da aula. Na escola, Lazhar entra en contacto cun grupo de nenos que están moi afectados polo tráxico suceso. Pero Lazhar entende ben o dolo dos pequeno porque el tamén ten sufrido unha grande perda.

Ficha Técnica
Ficha Didáctica 1
Ficha Didáctica 2
Ficha Didáctica 3
Ficha Didáctica 4