Mostrando entradas con la etiqueta África. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta África. Mostrar todas las entradas

26.11.17

EN UN MUNDO MEJOR

Dirección: Susanne Bier
País: Dinamrca (2010)
Guión: Anders Thomas Jensen
Música: Johan Söderqvist
Fotografía: Morten Soborg
Reparto: Mikael Persbrandt, Trine Dyrholm, Ulrich Thomsen, William Johnk Nielsen, Markus Rygaard, Bodil Jorgensen, Toke Lars Bjarke, Camilla Gottlieb, Satu Helena Mikkelinen

Sinopse: Antón é un médico que divide o seu tempo entre unha idílica cidade danes ae un campo de refuxiados en África, onde exerce a súa profesión. Antón e a súa esposa, pais de dous fillos, están separados e plantéanse o divorcio. Elías, o maios dos seus fillos, entabla unha estreita amizade con Christian, un rapaz que deixou Londres para establecerse co seu pai en Dinamarca. Con todo, Christian involucra a Elias nunha perigosa revancha que, ademáis de poñer a proba a súa amizada, pode ter inesperadas consecuencias.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3
Guía Didáctica 4
Guía Didáctica 5

DIAMANTE DE SANGRE

Dirección: Edward Zwick
País: Estados Unidos (2006)
Guión: Charles Leavitt
Música: James Newton Howard
Fotografía: Eduardo Serra
Reparto: Leonardo DiCaprio, Jennifer Connelly, Djimon Hounsou, Arnold Vosloo, David Harewood, Caruso Kuypers, Michael Sheen, Basil Wallace, Ntare Mwine, Stephen Collins, Jimi Mistry

Sinopse: Historia sobre o tráfico ilegal de diamantes. En 1999, Serra Leona vive unha terrible guerra civil. Un contrabandista (DiCaprio) especializado na venda de pedras preciosas, cuxos beneficios serven para financiar tanto aos rebeldes como ao goberno, coñece a un pescador nativo (Djimon Hounsou) que enterrou un enorme diamante cando traballaba como escravo para os rebeldes.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3
Web oficial

17.4.07

EL JARDINERO FIEL

Dirección: Fernando Meirelles
País: Reino Unido.(2005)
Interpretación: Ralph Fiennes, Fachel Weisz, Danny Huston, Bill Nighi
Música: Alberto Iglesias
Produción: Simon Channing Williams
Fotografía: César Charlone

Sinopse: Nun afastado lugar ao norte de Kenya, asesiñan brutalmente á activista máis entregada da zona, a brillante e apaixoada Tessa Quayle. Un médico local que a acompaña fuxiu e todo parece apuntar a que foi un crime pasional. Sandy Woodrow, Ser Bernard Pellegrin e os demais membros do Alto Comisionado Británico están convencidos de que o viuvo de Tessa, o apacible e pouco cobizoso Justin deixará o asunto nas súas mans, pero están moi equivocados. O equilibrio profesional do diplomático basculou ao perder á muller á que tanto amaba. Eses dous seres tan oportos atraíanse e desfrutaban dun feliz matrinomio. As lembranzas desa unión empurran a Justin a tomar unha decisión por primeira vez na súa vida persoal e profesional. Perseguido polos remordimentos e ferido polos rumores das supostas infidelidades da súa esposa. Justin sorpréndese a si mesmo e “remata o que ela comezou” Para conseguilo, debe aprender a marchas forzadas como funciona a industri afarmaceutica, xa que Tessa estaba a piques de descubrir un escándalo, e viaxará por dous continentes en busca da verdade. Non tardará en darse de conta da existencia dunha conspiración tan letal como común que se ten cobrado a vida de inocentes e poñerá a súa en perigo.