Mostrando entradas con la etiqueta Alcoholismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alcoholismo. Mostrar todas las entradas

29.12.17

SOLAS

Dirección: Benito Zambrano
País: España (1999)
Guión: Benito Zambrano
Música: Antonio Meliveo
Fotografía: Tote Trenas
Reparto: María Galiana, Ana Fernández, Carlos Álvarez-Novoa, Antonio Dechent, Paco de Osca, Juan Fernández, Miguel Alcíbar, Pilar Sánchez, Concha Galán, Paco Tous.

Sinopse: María (Ana Fernández) malvive nun oscuro apartamento dun barrio miserable, traballa eventualmente como muller da limpeza e, case que con cuarenta anos, descobre que está embarazada dun home ao que non ama. A súa soidade é tan grande que so atopa consolo na bebida. A súa nai (María Galiana), que ten consumido a súa vida ao lado dun home violento e intolerante, non ten nin sequera o consolo de tela preto. Con motivo do ingreso do seu home nun hospital, a nai visita a María no seu apartamento e coñece a un veciño viuvo (Carlos Álvarez) que vive co seu can. A relación que se establece entre estes tres naúfragos alivia as súas soidades e deixa a porta aberta á esperanza. 

22.12.17

VEREDICTO FINAL

Dirección: Sidney Lumet
País: EEUU (1982)
Guión: David Mamet
Música: Johnny Mandel
Fotografía: Andrzej Bartkowiak
Reparto: Paul Newman, Charlotte Rampling, Jack Warden, James Mason, Milo O'Shea, Lindsay Crouse, Edward Binns, Julie Bovasso, Roxanne Hart, James Handy, Wesley Addy, Joe Seneca...

Sinopse: Frank Galvin (Paul Newman), un maduro avogado en decadencia, é un adicto ao alcohol que sobrevive grazas a pequenos e rutinarios traballos. Un antigo socio lémbralle o caso, aínda sen resolver, dun error médico cometido nun hospital e do que Galvin se tivera ocupado. Non é nada doado para el traballar de novo de xeito profesional, pero o seu tesón é tal que non tarda en averiguar que pode gañar o caso. É entón cando comeza a recibir ofertas económica para arranxar o asunto sen ir a xuizo. Pero Galvin está disposto a xogalo todo, tanto para acadar unha importante indemnización para os familiares como para rehabilitarse como avogado e como persoa.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1