Mostrando entradas con la etiqueta Soidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Soidade. Mostrar todas las entradas

26.11.17

ESTACIÓN CENTRAL DE BRASIL

Dirección: Walter Salles
País: Brasil (1998)
Guión: Joao Emanuel Carneiro, Marcos Bernstein
Música: Antonio Pinto, Jaques Morelenbaum
Fotografía: Walter Carvalho
Reparto: Fernanda Montenegro, Vinicius de Oliveira, Marilia Pêra, Soia Lira, Othon Bastos, Otávio Augusto, Stela Freitas, Caio Junqueira, Matheus Nachtergaele

Sinopse: Nos asfixiantes corredores da Estación Central, en Río de Janeiro, unha antiga mestra gáñase a vida escribindo as cartas que lle dictan os analfabetos. Endurecida pola soidade e a adversidade, Dora caeu nunha estoica indiferenza. No canto, cando unha das súas clientas morre atropelada á saída da estación, decide facerse cargo do seu fillo e levalo á casa do seu pai nunha remota zona do nordeste de Brasil.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2

DESCUBRIENDO A FORRESTER

Dirección: Gus Van Sant
País: Estados Unidos (2000)
Guión: Mike Rich
Música: Varios
Fotografía: Harris Savides
Reparto: Sean Connery, Rob Brown, F. Murray Abraham, Anna Paquin, Busta Rhymes, April Grace, Michael Pitt, Michael Nouri, Richard Easton, Glenn Fitzgerald, Stephnanie Berry, Matt Damon...

Sinopse: Coñecido no seu barrio pola súa condición de solitario, Forrester é un home cuxo misterio e excentricidades son case que míticos. Cando Jamal, un destacado estudante e atleta negro logra colarse no seu apartamento cunha carteira repleta de traballos literarios, de xeito inesperada e insólito, establécese entre eles unha relación altamente proveitosa.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 

APOCALYPSE NOW

Dirección: Francis Ford Coppola
País: Estados Unidos (1979)
Guión: John Milius, Francis Ford Coppola
Música: Carmine Coppola, Francis Ford Coppola
Fotografía: Vittorio Storaro
Reparto: Martin Sheen, Marlon Brando, Robret Duvall, Frederic Forrest, Sam Bottoms, Albert Hall, Laurence Fishburne, Harrison Ford. Dennis Hopper, G. D. Spradlin, Christian Marquand...

Sinopse: Durante a guerra de Vietnam, o xove Capitán Willard, un oficial dos servizos de intelixencia do exército estadounidense, encoméndaselle entrar en Camboya coa perigosa misión de eliminar a Kurtz, un coronel renegado que toleou. O capitán deberá navegar polo río ata o corazón da selva, onde parece ser que Kurtz reina como un buda despótico sobre os membros da tribu Montagnard, que o adoran coma a un deus.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3

19.11.17

FLORES DE OTRO MUNDO

Dirección: Icíar Bollaín
País: España (1999)
Guión: Icíar Bollaín, Julio Llamazares
Música: Pascal Gaigne
Fotografía: Teo Delgado
Reparto: Lissete Mejía, Luis Tosar, Marilín torres, Chete Lera, Elena Irureta, Amparo Valle, Rubén Ochandiano, Chiqui Fernández, Antonio de la Torre

Sinopse: Patricia, unha dominicana, busca un fogar e unha seguridade económica que a súa situación de inmigrante ilegal non lle permite acadar en Madrid. Milady, unha cubana de vinte anos, soña con percorrer o mundo. Marirrosi, unha bilbaina con casa e traballo, vive na máis completa soidade, unha soidade como a que comparten Alfonso, Damián e Carmelo, veciños de Santa Eulalia, un pobo sen mulleres casadeira nin futuro. Grazas a unha festa organizada polos solteiro do pobo, uns e outras coñécense e comeza unha agridoce historia de convivencia ás veces imposible.


Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3
Guía Didáctica 4