Mostrando entradas con la etiqueta Outras Culturas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Outras Culturas. Mostrar todas las entradas

29.12.17

EN EL MUNDO A CADA RATO

Dirección: Patricia Ferreira, Pere Joan Ventura, Chus Gutiérrez, Javier Corcuera, Javier Fesser
País: España (2004)
Guión: Patricia Ferreira, Pere Joan Ventura, Chus Gutiérrez, Javier Corcuera, Javier Fesser
Música: José Nieto, Tao Gutiérrez
Fotografía: Rafa Roche, Alberto Molina, Jordi Abusada, Chechu Graf
Reparto: Documentary

Sinopse: Documental producido por TUS OJOS en colaboración con UNICEF para contribuir á protección dos dereitos da infancia no mundo. Abórdanse as cinco prioridades de UNICEF: A educación das nenas, o desenvolvemento integrado na primeira infancia, a inmunización, a loita contra o VIH/SIDA e a loita contra a violencia, a explotación e a discriminación. Son cinco historias rodadas en distintos paíss do mundo e cuxos protagonistas son os nenos:
  1. "El secreto mejor guardado", Dirixida por Patricia Ferreira e rodada na India.
  2. "La vida efímera", dirixida por Pere Joan Ventura e rodada na Guinea Ecuatorial.
  3. "Las siete alcantarillas", dirixida por Chus Gutiérrez e rodada na Arxentina.
  4. "Hijas de Belén", dirixida por Javier Corcuera e rodada en Perú.
  5. "Binta y la gran idea", dirixida por Javier Fesser e rodada no Senegal.
Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3

17.12.17

PROFESOR LAZHAR

Dirección: Philippe Falardeau
País: Canadá (2011)
Música: Martin Léon
Fotografía: Ronald Plante
Reparto: Mohamed Fellag, Sophie Nélisse, Émilien Néron, Marie-Éve Beauregard, Vincent Millard, Seddik Benslimane, Louis-David Leblanc, Danielle Proulx, Brigitte Poupart, Jules Philip...

Sinopse: Bachir Lazhar, un humilde mestre de primaria de orixe arxeline, é contratado nun colexio de Montreal para substituir a unha profesora que se suicidou aforcándose dentro da aula. Na escola, Lazhar entra en contacto cun grupo de nenos que están moi afectados polo tráxico suceso. Pero Lazhar entende ben o dolo dos pequeno porque el tamén ten sufrido unha grande perda.

Ficha Técnica
Ficha Didáctica 1
Ficha Didáctica 2
Ficha Didáctica 3
Ficha Didáctica 4


26.11.17

GANDHI

Dirección: Richard Attenborough
País: Reino Unido (1982)
Guión: John Briley
Música: Ravi Shankar, George Fenton
Fotografía: Ronnie Taylor, Billy Williams
Reparto: Ben Kingsley, Roshan Seth, Martin Sheen, Ian Charleson, Edward Fox, Candice Bergen, Saeed Jaffrey, Amrish Puri, Athol Fugard, Alyque Padamsee, Rohini Hattangadi, John Gielgud...

Sinopse: Despois de defender os dereitos dos cidadáns negro en Sudáfrica, Gandhi, considerando que tamén os hindúes son cidadanos de segunda na súa propia terra, incítaos a sublevarse contra o Imperio Británico mediante a doutrina da non-violencia.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 1 (Actividades)
Guía Didáctica 2

EN UN MUNDO MEJOR

Dirección: Susanne Bier
País: Dinamrca (2010)
Guión: Anders Thomas Jensen
Música: Johan Söderqvist
Fotografía: Morten Soborg
Reparto: Mikael Persbrandt, Trine Dyrholm, Ulrich Thomsen, William Johnk Nielsen, Markus Rygaard, Bodil Jorgensen, Toke Lars Bjarke, Camilla Gottlieb, Satu Helena Mikkelinen

Sinopse: Antón é un médico que divide o seu tempo entre unha idílica cidade danes ae un campo de refuxiados en África, onde exerce a súa profesión. Antón e a súa esposa, pais de dous fillos, están separados e plantéanse o divorcio. Elías, o maios dos seus fillos, entabla unha estreita amizade con Christian, un rapaz que deixou Londres para establecerse co seu pai en Dinamarca. Con todo, Christian involucra a Elias nunha perigosa revancha que, ademáis de poñer a proba a súa amizada, pode ter inesperadas consecuencias.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3
Guía Didáctica 4
Guía Didáctica 5

EDUARDO MANOSTIJERAS

Dirección: Tim Burton
País: Estados Unidos (1990)
Guión: Caroline Thompson
Música: Danny Elfman
Fotografía: Stefan Czapsky
Reparto: Johnny Depp, Winona Ryder, Dianne Wiest, Anthony Michael Hall, Alan Arkin, Kathy Baker, Vincent Price, Caroline Aaron, Robert Oliveri

Sinopse: Durante unha noite de Nadal, unha anciá cóntalle á súa neta a historia de Eduardo Manostesoiras (Johnny Depp), un rapaz creado por un extravagante inventor (Vincent Price) que non puido rematar a súa obra, deixando ao rapaz con coitelas en lugar de dedos.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3

LA CLASE

Dirección: Laurent Cantet
País: Francia (2008)
Guión: François Bègaudeuau, Robin Campillo, Laurent Cantet
Música: Varios
Fotografía: Pierre Milon
Reparto: François B'egaudeua, Nassim Amrabt, Laura Baquela, Cherif Bounaïdja Rachedi, Juliette Demaille.

Sinopse: François é un xoven profesor de lingua francesa nun instituto conflictivo, situado nun barrio marxinal. O seu alumnado ten entre 14 e 15 anos, e non duda en enfrontarse a el en estimulantes bataias verbais; máis a aprendizaxe da democracia pode implicar auténticos riscos. Ao comezo do curso, o profesorado, cheo de boas intencións, deseoso de dar a mellor educación ao seu alumnado, ármanse contra o desalento. Pero a abismal diferenza de cultura e actitude chocan violentamente nas aulas, que non son máis que un microcosmos da Francia contemporánea. Por moi divertido que sexa ás veces o alumnado, o seu comportamento pode cortar de raíz o entusiasmo dun profesor. A tremenda franqueza de François sorprende ao seu alumnado, pero o seu estricto sentido da ética cambalea cando a rapazada comeza a non aceptar os seus métodos.


Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3

AZUR Y ASMAR

Dirección: Michel Ocelot
País: Francia (2006)
Guión: Michel Ocelot
Música: Gabriel Yared
Fotografía: Animation
Reparto: Animation

Sinopse:  Dous nenos son criados en Francia como irmás. Un é rico e o outro e fillo da nodriza da familia. A vida sepáraos bruscamente pero reencontraranse cando Azur decida ir en busca da Fada dos Djins. Fábula sobre a tolerancia realizada por Michel Ocelot, director de "Kirikú y la bruja"

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3
Web oficial

19.11.17

BUDA EXPLOTÓ POR VERGÜENZA

Dirección: Hana Makhmalbaf
Pais: Irán (2007)
Guión: Marzieh Meshkini
Música: Tolibhon Shakhidi
Fotografía: Ostad Ali
Reparto: Nikbakht Noruz, Abdolali Hoseianali, Abbas Alijome

Sinopse: Baixo a statua de Buda que destruiron os talibáns, aínda viven miles de familias. Baktay, unha nena afgana de seis anos, é incitada a ir á escola polo fillo dos seus veciños que le os alfabetos fronte á súa cova. De camiño á escola, é acosada por uns nenos que xogan de forma cruel reflectindo a sociedade tan violenta que os envolve. Os nenos pretende lapidar a Baktay, ou destruila como ao Buda, ao disparar contra ela como fixeron os americanos no labirinto de covas. Será quen Baktay de superar estes obstáculos para poder aprender os alfabetos na súa lingua nai?


Ficha Técnica 1
Ficha Técnica 2
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2

21.4.07

OSAMA

Dirección: Siddiq Barmak
País: Afganistán, Xapón, Irlanda (2003)
Interpretación:
Marina Golbahari, Khwaja Nader, Arif Herati, Zubaida Sahar, Hamida Refah, Gol Rahman Ghorbandi.
Guión: Bahman Ghobadi
Produción: Siddiq Barmak, Julia Fraser e Julie LeBrocquy.
Fotografía: Ebrahim Ghafuri.

Sinopse: Unha nena de doce anos e a súa nai, vense abocadas á miseria cando, coa chegada dos talibáns ao poder en Afganistán, perden o seu dereito a traballar e a posibilidade de sair soas á rúa, xa que non teñen ningún home na familia que vele por elas. A nai e a avoa da nena deciden entón facela pasar por un rapaz, o que a aterroriza só de pensar no que lle pode pasar se descubren a súa verdadeira identidade. Cando, en compañía doutros rapaces, é levada á madrasa, escola relixiosa que ademais é un centro de formación militar dos talibáns, recibe a axuda de Espandi, un rapaz que sabe quen é realmente e que lle pon nome: Osama


Ficha Técnica 1
Ficha Técnica 2
Guía Didáctica
Trailer
Páxina Oficial

20.4.07

LAS TORTUGAS TAMBIÉN VUELAN

Dirección: Brahman Ghobadi
País: Irán, Irak (2004)
Interpretación:
Avaz Latif, Soran Ebrahim, Hirsh Feyssal, Saddam Hosseim Feysal

Guión: Bahman Ghobadi
Produción: Bahman Ghodabi
Fotografía:Shahriar Assadi

Sinopse: Os habitantes dun campo de refuxiados kurdos na fronteira entre Irán e Turquía buscan desesperadamente unha antena parabólica para enterarse do que está a acontecer ante a inminente guerra que está a piques de estallar. Os nenos son os que levan o peso desta brutal historia. Nenos que viviron o horror, algúns mutilados realmente, representando as súas propias experiencias nunha interpretación, que fai máis duro, se cabe, este alegato antibelicista.

Unha película humana, que amosa a vida diaria destes nenos, os seus sentimentos, o seu sufrimento, o seu día a día recollendo minas antipersoa e vendéndoas no mercado clandestino.

16.4.07

BALSEROS

Dirección: Carlos Bosh, Josep Mª Doménech
País: España.(2002)
Interpretación: Merycs González, Óscar del Valle, Rafael Cano, Miriam Hermández
Guión: Carlos Bosh, Josep Mª Doménech e David Trueba
Música: Lucrecia
Fotografía: Josep Mª Doménech

Sinopse: No verán do 94, un equipo de reporteiros da televisión de Cataluña, filmou e entrevistou a sete cubanos e ás súas familias durante os días nos que preparaban a arriscada aventura de lanzarse ao mar par alcanzar a costa dos Estados Unidos fuxindo das dificultades económicas que asolaban o seu país. Algún tempo despois, no campamento de refugiados da base norteamericana de Guantánamo, os reporteiros pudieron localizar aos que foran rescatados en alta mar. As súas familias permanecían en Cuba sen noticias súas, salvo no caso dunha muller que naufragara coa súa balsa e viuse obrigada a volvar a territorio cubano. Sete anos despois, ese equipo de balsearos reencóntrase con aqueles personaxes para descubrir cal fora o seu destiño. A súa é a historia de algúns dos verdadeiros supervivintes do noso tempo, a aventura humana duns naufragos entre dous mundos.