27.4.07

LA NIÑERA MÁGICA

Dirección: Kirk Jones
País: USA, Reino Unido e Francia (2005)
Interpretación: Emma Thomson, Colin Firth, Kelly McDonald, Angela Lansbury, Celia Imrie
Fotografía: Henry Braham

Produción: Lindsay Doran, Tim Bevan e Eric Fellner
Música: Patrick Doyle


Sinopse: Unha escura e inxeniosa fábula.

Nanny McPhee é unha persoa de aspecto curioso con poderes máxicos que entra no fogar do viuvo Sr. Brown e dos seus sete insoportables fillos. Capitaneados por Simon, o maior, os extremadamente malcriados rapaces conseguiron que fuxiran as 17 predecesoras de Nanny e están convencidos de que ela tampouco será un problema. Pero ao facerse Nanny McPhee cargo da situación, comezan a ver que o seu mal comportamente ten rápidas, máxicas e inesperadas consecuencias. A súa influencia abarca outros problemas; por exemplo, os sorprendentes e inexplicables intentos do Sr. Brown por atopar unha esposa; o anuncio por parte da dominante tía Adelaide de que quere levarse aos rapaces, e os tristes e segredos desexos de Evangeline, a criada. Curiosamente, á par que muda o comportamento dos nenos, tamén o fai o fiero aspecto de Nanny McPhee, plantexando aínda máis preguntas acerca da misteriosa muller á que os rapaces e o seu pai aprenderon a querer.

Ficha Técnica 1
Ficha Técnica 2
Páxina Oficial (English)
Trailer

25.4.07

BUENAS NOCHES, BUENA SUERTE

Dirección: George Clooney
País: USA.(2005)
Interpretación: Davide Strathairn, Patricia Clarkson, George Clooney, Jeff Daniels
Guión: George Clooney e Grant Heslov.
Produción: Grant Heslov

Sinopse: “Buenas noches y buena suerte” sucede durante os primeiros tempos do periodismo televisivo en EEUU, na década dos 50. É a crónica do auténtico enfrontamente entre Edgard R. Murrow, presentador das noticias, e o senador Joseph McCarthy e o Comité de Actividades Antiamericanas, Coa firme voluntade de informar dos feitos e ilustrar á audiencia, Murrow e o seu incondicional equipo, fan fronte ás presións corporativas e dos pratocinadores para examinar as mentiras e as tácticas alarmistas perpetradas por McCarthy durante a súa “caza de bruxas comunista. Cando o senador reacciona acusando ao presentador de ser comunista, eríxese unha enorme indignación pública. Naquel clima de medo e represión, o equipo da CBS seguiu cara adiante sen atender a rogos. A súa tenacidade finalmente valiu a pena cando o mismísimo McCarthy tivo que presentarse ante o Senado e foi desposeido de poder unha vez que as súas mentiras e abusos quedaron por fin ao descuberto.

Ficha Técnica
Guía Didáctica

Na Wikipedia
Páxina Oficial

24.4.07

KING KONG

Dirección: Peter Jackson
País: USA. Nova Zelanda (2005)
Interpretación: Naomi Watts, Jack Black, Adrien Brody
Música: James Newton Howard
Produción: Jam Blenkin, Carolynne Cunningham
Fotografía: Andrew Lesnie


Sinopse: Ann Darrow, é unha actriz de vodevil que se queda sen traballo durante a Gran Depresión en Nova Yorke. A súa sorte muda cando coñece a Carl Denma un empresario, cuentista, aventureiro e cineasta que loita para abrirse camiño no mundo do espectáculo. Jack Driscoll é un autor de teatro neoyorquino convertido no heroe improbable dunha aventura romántica na que deberá demostrar o seu valor e bondade. Todos se embarcan na expedición que os levará a unha remota illa para o rodaxe da película que Denma vai dirixir. Alí descobren un ser incrible, un gorila xigante coñecido como King Kong, que habita nunca frondosa serva onde criaturas prehistóricas viven protexidas e ocultas durante millóns de anos. Denham, cun apetito insacible de grandeza, ve axiña a fama que pode reportarlle a captura do gorila e a súa exhibición en Nova Yorke.

23.4.07

BOWLING FOR COLUMBINE


Dirección: Michael Moore
País: USA. Canada (2002)
Interpretación: Arthur A. Bush, George Bush, Dick Clark, Barry Galsser, Charlton Heston, Marilyn Manson, John Nichols.
Música: Jeff Gibbs
Produción: Kathleen Glynn e Jim Czarnecki
Fotografía: Brian Danitz e Michael McDonough.



Sinopse: Por que 11.000 persoas morren cada ano en EEUU vítimas das armas de fogo? É tan diferente EEUU de outros países? En que se diferencia de outros? Por que EEUU converteuse en autor e vítima de tanta violencia. Bowling for Columbine é unha obra vigorosa que deixa unha profunda pegada no público. Para os estadounidenses, é a condea despiadada e irónica dunha cultura do medo que empuxou a un pobo a armarse ata os dentes e a perder o control. Para os demais, é unha advertencia en clave humorística sobre o que podería pasar en calquera país do mundo que decidira adoptar o Modelo Americano para crear un subproletariado numeroso e permanente que debe ser combatido por un exército armada protexido pola Constitución.

22.4.07

FAHRENHEIT 9/11

Dirección: Michael Moore
País: USA.(2004)
Interpretación: Michael Moore, George Bush, Bill Clinton, Saddam Hussein, Osama Bin Laden
Música: Jeff Gibbs
Produción: Kathleen Glynn e Jim Czarnecki
Fotografía: Mike Desjarlais



Sinopse: Michael Moore afronta unha cuestión que afecta aos centros do poder en EEUU. Fahrenheit 9/11 toma como punto de partida a controvertida elección de Bush no ano 2000 para seguir o seu ascenso de medioce petrolero texano a presidente do EEUU e describir as escuras relacións de negocios entre o seu pai e a familia de Osama Bin Laden poñendo de relieve que o poder e a riqueza do enimigo número un dos estadounidenses aumentaron grazas a este vínculo. Tamén indaga sobre o acontecido non EEUU despois do 11 de setembro de 2001 e como a administración de Bush utilizou o tráxico ataque ás Torres Xemelgas para o seu propio beneficio político. Este documental, tras máis dun ano de cuidadosa investigación foi todo un desafío para o seu director, decidido a descubrir toda a verdade.


21.4.07

OSAMA

Dirección: Siddiq Barmak
País: Afganistán, Xapón, Irlanda (2003)
Interpretación:
Marina Golbahari, Khwaja Nader, Arif Herati, Zubaida Sahar, Hamida Refah, Gol Rahman Ghorbandi.
Guión: Bahman Ghobadi
Produción: Siddiq Barmak, Julia Fraser e Julie LeBrocquy.
Fotografía: Ebrahim Ghafuri.

Sinopse: Unha nena de doce anos e a súa nai, vense abocadas á miseria cando, coa chegada dos talibáns ao poder en Afganistán, perden o seu dereito a traballar e a posibilidade de sair soas á rúa, xa que non teñen ningún home na familia que vele por elas. A nai e a avoa da nena deciden entón facela pasar por un rapaz, o que a aterroriza só de pensar no que lle pode pasar se descubren a súa verdadeira identidade. Cando, en compañía doutros rapaces, é levada á madrasa, escola relixiosa que ademais é un centro de formación militar dos talibáns, recibe a axuda de Espandi, un rapaz que sabe quen é realmente e que lle pon nome: Osama


Ficha Técnica 1
Ficha Técnica 2
Guía Didáctica
Trailer
Páxina Oficial

20.4.07

LAS TORTUGAS TAMBIÉN VUELAN

Dirección: Brahman Ghobadi
País: Irán, Irak (2004)
Interpretación:
Avaz Latif, Soran Ebrahim, Hirsh Feyssal, Saddam Hosseim Feysal

Guión: Bahman Ghobadi
Produción: Bahman Ghodabi
Fotografía:Shahriar Assadi

Sinopse: Os habitantes dun campo de refuxiados kurdos na fronteira entre Irán e Turquía buscan desesperadamente unha antena parabólica para enterarse do que está a acontecer ante a inminente guerra que está a piques de estallar. Os nenos son os que levan o peso desta brutal historia. Nenos que viviron o horror, algúns mutilados realmente, representando as súas propias experiencias nunha interpretación, que fai máis duro, se cabe, este alegato antibelicista.

Unha película humana, que amosa a vida diaria destes nenos, os seus sentimentos, o seu sufrimento, o seu día a día recollendo minas antipersoa e vendéndoas no mercado clandestino.

19.4.07

EL SECRETO DE VERA DRAKE

Dirección: Mike Leigh
País: Gran Bretaña e Francia (2004)
Interpretación: Imelda Staunton, Phil Davis, Peter Wight
Fotografía: Dick Pope
Produción: Simon Chaning Williams e Alain Sarde
Música: Andrew Dickson

Sinopse: Londres, 1850. Vera Drake vive con Stan, o seu marido, e os seus dous fillos, Sid e Ethel. Unha familia modesta, pero feliz. Vera é unha muller da limpeza: Stan é mecánico no garaxe do seu hirmá; Ethel traballa nunha fábrica de bombillas e Sid é aprendiz de sastre. Vera sempre está axudando á xente: visita regularmente a un veciño enfermo e invita a outro, Reg, a cear a casa porque cré que non come o suficiente; e, en secreto, axuda tamén a rapazas novas a abortar, unha práctica ilegal na Inglaterra daquela época. Cando unha de estas rapazas é hospitalizada en estado grave, a policía interrógaa e vai buscar a Vera a casa ante a perplexidade do resto da familia, precisamente cando celebran o compromiso entre Ethel e Reg.


18.4.07

MATCH POINT

Dirección: Woody Allen
País: Reino Unido (2005)
Interpretación: Jonathan Rhys Meyers, Matthew Goode, Emily Mortimer, Scarlett Johansson
Fotografía: Remy Adefarasin
Produción: Letty Aronson, Gareth Willey e Lucy Darwin
Música: Alexandre Desplat

Sinopse: “Match Point” narra a dramática historia do ascenso en sociedade dun rapaz e das terribles consecuencias da súa ambición. O protagonista debátese entre dúas mulleres e ao non atopar a saída, opta por unha solución desesperada ambientada na sociedade das clases altas inglesas. Unha fermosa rapaza norteamericana interponse entre Chris e a súa muller Chloe. Tom é o rico irmán de Chloe e o involuntario iniciador dos tráxicos acontecementos.


17.4.07

EL JARDINERO FIEL

Dirección: Fernando Meirelles
País: Reino Unido.(2005)
Interpretación: Ralph Fiennes, Fachel Weisz, Danny Huston, Bill Nighi
Música: Alberto Iglesias
Produción: Simon Channing Williams
Fotografía: César Charlone

Sinopse: Nun afastado lugar ao norte de Kenya, asesiñan brutalmente á activista máis entregada da zona, a brillante e apaixoada Tessa Quayle. Un médico local que a acompaña fuxiu e todo parece apuntar a que foi un crime pasional. Sandy Woodrow, Ser Bernard Pellegrin e os demais membros do Alto Comisionado Británico están convencidos de que o viuvo de Tessa, o apacible e pouco cobizoso Justin deixará o asunto nas súas mans, pero están moi equivocados. O equilibrio profesional do diplomático basculou ao perder á muller á que tanto amaba. Eses dous seres tan oportos atraíanse e desfrutaban dun feliz matrinomio. As lembranzas desa unión empurran a Justin a tomar unha decisión por primeira vez na súa vida persoal e profesional. Perseguido polos remordimentos e ferido polos rumores das supostas infidelidades da súa esposa. Justin sorpréndese a si mesmo e “remata o que ela comezou” Para conseguilo, debe aprender a marchas forzadas como funciona a industri afarmaceutica, xa que Tessa estaba a piques de descubrir un escándalo, e viaxará por dous continentes en busca da verdade. Non tardará en darse de conta da existencia dunha conspiración tan letal como común que se ten cobrado a vida de inocentes e poñerá a súa en perigo.



16.4.07

BALSEROS

Dirección: Carlos Bosh, Josep Mª Doménech
País: España.(2002)
Interpretación: Merycs González, Óscar del Valle, Rafael Cano, Miriam Hermández
Guión: Carlos Bosh, Josep Mª Doménech e David Trueba
Música: Lucrecia
Fotografía: Josep Mª Doménech

Sinopse: No verán do 94, un equipo de reporteiros da televisión de Cataluña, filmou e entrevistou a sete cubanos e ás súas familias durante os días nos que preparaban a arriscada aventura de lanzarse ao mar par alcanzar a costa dos Estados Unidos fuxindo das dificultades económicas que asolaban o seu país. Algún tempo despois, no campamento de refugiados da base norteamericana de Guantánamo, os reporteiros pudieron localizar aos que foran rescatados en alta mar. As súas familias permanecían en Cuba sen noticias súas, salvo no caso dunha muller que naufragara coa súa balsa e viuse obrigada a volvar a territorio cubano. Sete anos despois, ese equipo de balsearos reencóntrase con aqueles personaxes para descubrir cal fora o seu destiño. A súa é a historia de algúns dos verdadeiros supervivintes do noso tempo, a aventura humana duns naufragos entre dous mundos.

15.4.07

LOS CHICOS DEL CORO

Dirección: Christophe Barratier
País: Francia e Suiza.(2004)
Interpretación:
Gérard Jugnot (Clément Mathieu), François Berléand (Rachin), Kad Merad (Chabert), Jean-Paul Bonnaire (Padre Maxence), Marie Bunel (Violette Morhange), Paul Chariéras (Regente), Carole Weiss (Condesa), Philippe Du Janerand (Señor Langlois), Erick Desmarestz (Doctor Dervaux), Jean-Baptiste Maunier (Pierre).
Produción:
Jacques Perrin, Arthur Cohn y Nicolas Mauvernay.
Música: Bruno Coulais.


Sinopse: No ano 1949, Climent Mathieu, profesor de música en paro, comeza a traballar como vixilante nun internado de reeducación de menores. Especialmente represivo, o sistema de educación do director Rachin case non consegue manter a autoridade sobre os alumnos máis difíciles. O mesmo Mathieu sente unha íntima rebeldía ante os métodos de Rachin e unha mestura de desconcerto e comapaixón polos rapaces. Nos seus esforzos por acercarse a eles, descobre que a música atrae poderosamente o interese dos alumnos e se entrega á tarefa de familirizalos coa maxia do canto, ao mesmo tempo que va transformando as súas vidas para sempre.

Ficha Técnica