23.4.07

BOWLING FOR COLUMBINE


Dirección: Michael Moore
País: USA. Canada (2002)
Interpretación: Arthur A. Bush, George Bush, Dick Clark, Barry Galsser, Charlton Heston, Marilyn Manson, John Nichols.
Música: Jeff Gibbs
Produción: Kathleen Glynn e Jim Czarnecki
Fotografía: Brian Danitz e Michael McDonough.



Sinopse: Por que 11.000 persoas morren cada ano en EEUU vítimas das armas de fogo? É tan diferente EEUU de outros países? En que se diferencia de outros? Por que EEUU converteuse en autor e vítima de tanta violencia. Bowling for Columbine é unha obra vigorosa que deixa unha profunda pegada no público. Para os estadounidenses, é a condea despiadada e irónica dunha cultura do medo que empuxou a un pobo a armarse ata os dentes e a perder o control. Para os demais, é unha advertencia en clave humorística sobre o que podería pasar en calquera país do mundo que decidira adoptar o Modelo Americano para crear un subproletariado numeroso e permanente que debe ser combatido por un exército armada protexido pola Constitución.

No hay comentarios: