18.4.07

MATCH POINT

Dirección: Woody Allen
País: Reino Unido (2005)
Interpretación: Jonathan Rhys Meyers, Matthew Goode, Emily Mortimer, Scarlett Johansson
Fotografía: Remy Adefarasin
Produción: Letty Aronson, Gareth Willey e Lucy Darwin
Música: Alexandre Desplat

Sinopse: “Match Point” narra a dramática historia do ascenso en sociedade dun rapaz e das terribles consecuencias da súa ambición. O protagonista debátese entre dúas mulleres e ao non atopar a saída, opta por unha solución desesperada ambientada na sociedade das clases altas inglesas. Unha fermosa rapaza norteamericana interponse entre Chris e a súa muller Chloe. Tom é o rico irmán de Chloe e o involuntario iniciador dos tráxicos acontecementos.


No hay comentarios: