Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3
"O cine, se se fai ben, regala pequenos anacos de vida que nunca esquecerás" Amarcord
Dirección: George Clooney Sinopse: “Buenas noches y buena suerte” sucede durante os primeiros tempos do periodismo televisivo en EEUU, na década dos 50. É a crónica do auténtico enfrontamente entre Edgard R. Murrow, presentador das noticias, e o senador Joseph McCarthy e o Comité de Actividades Antiamericanas, Coa firme voluntade de informar dos feitos e ilustrar á audiencia, Murrow e o seu incondicional equipo, fan fronte ás presións corporativas e dos pratocinadores para examinar as mentiras e as tácticas alarmistas perpetradas por McCarthy durante a súa “caza de bruxas comunista. Cando o senador reacciona acusando ao presentador de ser comunista, eríxese unha enorme indignación pública. Naquel clima de medo e represión, o equipo da CBS seguiu cara adiante sen atender a rogos. A súa tenacidade finalmente valiu a pena cando o mismísimo McCarthy tivo que presentarse ante o Senado e foi desposeido de poder unha vez que as súas mentiras e abusos quedaron por fin ao descuberto.