12.11.07

TE DOY MIS OJOS

Dirección: Iciar Bollaín.
País: España.(2003)
Interpretación: Laia Marull e Luis Tosar
Guión: Iciar Bollaín e Alicia Luna
Produción: Producións La Iguana e Alta Produción

Sinopse: Que é o que fai que nunha familia poida existir tanta violencia? Que é o que leva a dúas persoas que se queren tanto, a maltratar e ser maltratadas?. Isto é o que intenta explicar a película, presentándonos ao personaxe de Pilar, que fuxe cos eu fillo nun Toledo que mira e cala. Pilar e o seu marido, Antonio, inician deste xeito un proceso de reconversión. Por parte de Pilar, de entenderse mellor a si mesma, saber o que lle gusta, para o que val, e o que lle permita ser quen é. Por parte de Antonio, de coñecer as súas limitacións, os seus defectos, e corrixilos. E só deste xeito poderán vivir felices.

5.11.07

LA ÚLTIMA PRIMAVERA

Dirección: Charles Dance
País: Reino Unido (2004)
Interpretación: Judi Dench, Maggie Smith, Daniel Brühl, Natascha McElhone
Vestuario: Barbara Kidd
Produción: Nicolas Brown, Elisabeth Carlson, Nick Powel
Música: Nigel Hess

Sinopse: Cornualles, 1936: A pesar dos grandes acontecementos históricos que están a piques de suceder en Europa, Cornualles mantense como un recuncho do mundo ao abrigo do paso do tempo e dos avatares do exterior. Da información que lles chega a través da radio, granxeiros e pescadores só amosan interese pola predición atmosférica e o estado do mar. Tampouco os forasteiros nin os desocupados son especialmente benvidos nesta pechada comunidade. O descubrimento dun “naufrago” na praia que hai baixo da súa casa, perturbará sen embargo as tranquilas vidas das irmás Janet e Ursula Widdington e da comunidade na que residen dende sempre. Arroxado pola borda dun barco que se dirixía dende o Continente Europeo a América, as intencións primeiras de Andrea Marowski eran comezar unha nova vida en NY, lonxe dunha Europa cada vez máis cercana á guerra, e especialmente dos sentimentos antisemitas, unha ameaza cada vez máis próxima para o xoven violinista de Cracovia. O ter sobrevivido é casi unha miragre e así o senten tanto el mesmo como as irmás Widdington. Coa axuda dun médico local, conseguirán a súa recuperación.