28.2.08

SEPARADOS

Dirección: Peyton Reed
País: USA (2006)
Interpretación: Vince Vaughn, Jennifer Aniston, Joey Laurel Adams, Ann-Margret
Fotografía: Eric Edwards
Produción: Vince Vaughn e Scott Stuber
Música: Jon Brion

Sinopse: As comedias románticas transcorren según un patrón a proba de bombas: Chico coñece a chica, as cousas van vento en poa, logo se complican un pouco, pero todo remata ben, son felices. Pero, que pasa cando o rapaz e a rapaza chegan esgotados a casa despois dun duro día de traballo? Cando comeza a rutina a sacarlles de quicio? Así comeza “Separados”, unha comedia romántica pouco convencional que conta a viaxe, ás veces cómica, outras dolorosa, pero sempre entretida, dunha parella en plena deconstrución do que foi unha sólida e afectuosa relación. Gary e Brooke son unha parella que despois de dous anos de matrinonio descobren que non queda nada cando unha pequena discusión se converte nunha pelexa fóra de toda medida. Ningún dos dous quere deixar o apartamento que tiñan compartido ata ese momento, e comeza a auténtica guerra. Decididos a seguir os consellos, a miudo equivocados, de amigos e parentes, poñen en práctica unha serie de planes deseñados ou bien a botar ao outro do apartamento ou a conquistalo de novo.


22.2.08

THE HOLIDAY

Dirección: Nancy Meyers
País: USA (2006)
Interpretación: Cameron Díaz, Kate Winslet, Jude Law, Jack Black
Fotografía: Dean Cunday
Produción: Nancy Meyers e Bruce A. Block
Música: Hans Zimmer

Sinopse: Iris y Amanda son dúas mulleres que non poden ser máis distintas. Unha vive nunha acolledora casiña inglesa e a outra nunha despampanante mansión de Hollywood, pero que comparten a súa mala sorte cos homes. Desesperadamente necesitados de evasión, coñecense a través de Internet e, levadas dun impulso irresistible, intercambian as súas casas. Ambas atopan o último que cada unha delas desaxa ou espera, un novo amor, e descobren que un cambio de dirección pode realmente supoñer un cambio de vida.


18.2.08

SCOOP

Dirección: Woody Allen
País: Reino Unido (2006)
Interpretación: Woody Allen, Hugh Jackman, Scarlett Johansson, Ian McShane, Romola Garai
Fotografía: Remi Adefarasin
Produción: Letty Aronson e Gareth Wiley

Sinopse: Sondra Pransky é unha estudante americana de periodismo que se atopa en Gran Bretaña visitando a uns amigos. Durante a súa estancia en Londres, acode a un espectáculo de maxia onde o ilusionista faina subir ao esceario para realizar un dos seus trucos: neste, ela debe desaparecer. Mentres Sondra está esperando “desmaterializarse”, recibe a visita da pantasma dun reporteiro falecido que lle dará a exclusiva do ano. O esprito afirma que Meter Lyman, o rico e atractivo fillo dun coñecido aristócrata británico, está levando unha dobre vida como o Asesiño do Tarot, un asesiño en serie que leva tempo aterrorizando ao país e eludindo á xustiza. Coa axuda do mago, Sondra comeza a investigar a noticia e consegue xuntar certas evidencias incriminatorias contra Lyman. De todos xeitos, canto máis sabe del, máis perigosa se torna a investigación, sobre todo cando nota que comeza a namorarse do atractivo presunto criminal.