País: Reino Unido (2006)
Interpretación: Woody Allen, Hugh Jackman, Scarlett Johansson, Ian McShane, Romola Garai
Fotografía: Remi Adefarasin
Produción: Letty Aronson e Gareth Wiley
Sinopse: Sondra Pransky é unha estudante americana de periodismo que se atopa en Gran Bretaña visitando a uns amigos. Durante a súa estancia en Londres, acode a un espectáculo de maxia onde o ilusionista faina subir ao esceario para realizar un dos seus trucos: neste, ela debe desaparecer. Mentres Sondra está esperando “desmaterializarse”, recibe a visita da pantasma dun reporteiro falecido que lle dará a exclusiva do ano. O esprito afirma que Meter Lyman, o rico e atractivo fillo dun coñecido aristócrata británico, está levando unha dobre vida como o Asesiño do Tarot, un asesiño en serie que leva tempo aterrorizando ao país e eludindo á xustiza. Coa axuda do mago, Sondra comeza a investigar a noticia e consegue xuntar certas evidencias incriminatorias contra Lyman. De todos xeitos, canto máis sabe del, máis perigosa se torna a investigación, sobre todo cando nota que comeza a namorarse do atractivo presunto criminal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario