28.2.08

SEPARADOS

Dirección: Peyton Reed
País: USA (2006)
Interpretación: Vince Vaughn, Jennifer Aniston, Joey Laurel Adams, Ann-Margret
Fotografía: Eric Edwards
Produción: Vince Vaughn e Scott Stuber
Música: Jon Brion

Sinopse: As comedias románticas transcorren según un patrón a proba de bombas: Chico coñece a chica, as cousas van vento en poa, logo se complican un pouco, pero todo remata ben, son felices. Pero, que pasa cando o rapaz e a rapaza chegan esgotados a casa despois dun duro día de traballo? Cando comeza a rutina a sacarlles de quicio? Así comeza “Separados”, unha comedia romántica pouco convencional que conta a viaxe, ás veces cómica, outras dolorosa, pero sempre entretida, dunha parella en plena deconstrución do que foi unha sólida e afectuosa relación. Gary e Brooke son unha parella que despois de dous anos de matrinonio descobren que non queda nada cando unha pequena discusión se converte nunha pelexa fóra de toda medida. Ningún dos dous quere deixar o apartamento que tiñan compartido ata ese momento, e comeza a auténtica guerra. Decididos a seguir os consellos, a miudo equivocados, de amigos e parentes, poñen en práctica unha serie de planes deseñados ou bien a botar ao outro do apartamento ou a conquistalo de novo.


No hay comentarios: