Mostrando entradas con la etiqueta Drama Social. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Drama Social. Mostrar todas las entradas

29.12.17

FURTIVOS

Dirección: José Luis Borau
País: España (1975)
Guión: Manuel Gutiérrez Aragón, José Luis Borau
Música: Vainica Doble
Fotografía: Luis Cuadrado
Reparto: Lola Gaos, Ovidi Montllor, Alicia Sánchez, Ismael Merlo, José Luis Borau, Felipe Solano, Antonio Gamero.

Sinopse: Ángel (Ovidi Montllor) é un cazador furtivo que vive nun bosque coa súa nai (Lola Gaos), unha muller tiránica e violenta. Nunha das súas escasas viaxes á cidade, coñece a Milagros (Alicia Sánchez), unha moza que fuxiu dun reformatorio e que é a amante dun delincuente chamado El Cuqui. Ángel protésea e lévaa á súa casa. A nimosidade da nai cara Milagros, así como a atracción que Ángel sente cara a ela desembocarán nun drama. 


SOLAS

Dirección: Benito Zambrano
País: España (1999)
Guión: Benito Zambrano
Música: Antonio Meliveo
Fotografía: Tote Trenas
Reparto: María Galiana, Ana Fernández, Carlos Álvarez-Novoa, Antonio Dechent, Paco de Osca, Juan Fernández, Miguel Alcíbar, Pilar Sánchez, Concha Galán, Paco Tous.

Sinopse: María (Ana Fernández) malvive nun oscuro apartamento dun barrio miserable, traballa eventualmente como muller da limpeza e, case que con cuarenta anos, descobre que está embarazada dun home ao que non ama. A súa soidade é tan grande que so atopa consolo na bebida. A súa nai (María Galiana), que ten consumido a súa vida ao lado dun home violento e intolerante, non ten nin sequera o consolo de tela preto. Con motivo do ingreso do seu home nun hospital, a nai visita a María no seu apartamento e coñece a un veciño viuvo (Carlos Álvarez) que vive co seu can. A relación que se establece entre estes tres naúfragos alivia as súas soidades e deixa a porta aberta á esperanza. 

28.12.17

PAN Y ROSAS

Dirección: Ken Loach
País: Reino Unido (2000)
Guión: Paul Laverty
Música: George Fenton
Fotografía: Barry Ackroyd
Reparto: Pilar Padilla, Adrien Brody, Elpidia Carrillo, George López, Jack McGee

Sinopse: Maya e Rosa son dúas irmás mexicanas que traballan, en condicións de explotación, como limpadoras nun edificio de oficina do centro dos Ánxeles. Un encontro con Sam, un apaixoado activista norteamericano, cambiará as súas vidas. Grazas a Sam. toman conciencia da súa situación laboral e emprenden unha campaña de loita polos seus dereitos, pero corren o risco de perder o seu traballo e de ser expulsadas do país. 

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3
Guía Didáctica 4

22.12.17

LAS UVAS DE LA IRA

Dirección: John Ford
País: EEUU (1940)
Guión: Nunnally Johnson
Música: Alfred Newman
Fotografía: Gregg Toland
Reparto: Henry Fonda, Jane Darwell, John Carradine, Charley Grapewin, Dorris Bowdon, Russell Simpson, John Qualen, O.Z. Whitehead, Eddie Quillan, Zeffie Tilbury, Ward Bond

Sinopse: Tom Joad (Henry Fonda) volta ao seu fogar tras cumprir condena en prisión, pero a ilusión de voltar a ver aos seus transfórmase en frustración ao ver como os expulsan das súas terras. Para fuxir da fame e da pobreza, a familia non ten máis remedio que emprender unha longuísima viaxe chea de penurias coa esperanza de atopar unha oportunidade en California, a terra prometida.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3
Guía Didáctica 4

20.12.17

TIEMPOS MODERNOS

Dirección: Charles Chaplin
País: EEUU (1936)
Guión: Charles Chaplin
Música: Charles Chaplin
Fotografía: Rollie Totheroh, Ira Morgan
Reparto: Charles Chaplin, Paulette Goddard, Henry Bergman, Chester Conklin, Stanley Stanford, Hank Mann, Louis Natheaux, Allan García.

Sinopse: Esgotado polo frenético ritmo da cadea de montaxe, un obrero metalúrxico acaba perdendo a razón. Despois de recuperarse nun hospital, sal e é encadeado por participar nunha manifestación na que se atopaba por casualidade. No cárcere, tamén sen pretendelo, axuda a controlar un motón, grazas ao que queda en liberdade. Unha vez fóra, reemprende a loita pola supervivencia en compañía dunha xoven orfa á que coñece na rúa.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3

19.12.17

LOS SANTOS INOCENTES

Dirección: Mario Camus
País: España (1984)
Guión: Mario Camus, Antonio Larreta, Manuel Matji
Música: Antón García Abril
Fotografía: Hans Burman
Reparto: Alfredo Landa, Francisco Rabal, Juan Diego, Terele Pávez, Belén Ballesteros, Juan Sánchez, Ágata Lys, Agustín González, Manuel Zarzo, Mary Carrillo, José Guardiola, Maribel Martín

Sinopse: España franquiesta. Durante a década dos sesenta, unha familia de campesiños vive miserablemente nun cortello extrememño baixo a férula do terratenente. A súa vida é renuncia, sacrificio e obediencia. O seu destiño está marcado, a non ser que algún acontecemento imprevisto lles permita romper as súas cadeas. Adaptación da novela homónima de Miguel Delibes.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3

21.11.17

AMORES PERROS

Dirección: Alejandro González Iñárritu
País: México (2000)
Guión: Guillermo Arriaga
Música: Gustavo Santaolalla, Daniel Hidalgo
Fotografía: Rodrigo Prieto
Reparto: Emilio Echevarría, Gael García Bernal, Goya Toledo, Álvaro Guerrero, Vanessa Bauche, Jorge Salinas, Marco Pérez, Rodrigo Murray, Humberto Busto, Gerardo Campbell, Rosa María...

Sinopse: En Ciudad de México, un fatal accidente automovilístico afecta tráxicamente a tres persoas. Octavio, un adolescente, decide escaparse con Susana, a esposa do seu irmá; el Cofí, o seu can, convértese no instrumento para conseguir o diñeiro necesario para a fuga. Ao mesmo tempo, Daniel, un home maduro deixa á súa dona e aos seus fillos para ir vivir con Valeria, unha fermosa modelo. O mesmo día en que celebran a súa nova vida, o destino fai que Valeria sexa víctima dun tráxico accidente.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2