Mostrando entradas con la etiqueta Traballo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Traballo. Mostrar todas las entradas

28.12.17

FULL MONTY

Dirección: Peter Cattaneo
País: Reino Unido (1997)
Guión: Simon Beaufoy
Música: Anne Dudley
Fotografía: John de Borman
Reparto: Robert Carlyle, Mark Addy, Tom Wilkinson, Lesley Sharp, Paul Barber, William Snape, Steve Huison, Hugo Speer, Emily Woof, Deirdre Costello, Paul Butterworth, Dave Hill, Bruce Jones..

Sinopse: O peche da fábrica de aceiro de Yorkshire deixa sen traballa a casi toda a poboación masculina. Gaz, un dos obreiros afectados, perderá o dereito de ver ao seu fillo se non consegue diñeiro para pagar a pensión de manutención familiar á súa muller. En medio da desesperación, ocórreselle unha idea, a primeira vista disparatada, e plantéxalla aos amigos que están na mesma situación: organizar un espectáculo de strip-tease.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3

PAN Y ROSAS

Dirección: Ken Loach
País: Reino Unido (2000)
Guión: Paul Laverty
Música: George Fenton
Fotografía: Barry Ackroyd
Reparto: Pilar Padilla, Adrien Brody, Elpidia Carrillo, George López, Jack McGee

Sinopse: Maya e Rosa son dúas irmás mexicanas que traballan, en condicións de explotación, como limpadoras nun edificio de oficina do centro dos Ánxeles. Un encontro con Sam, un apaixoado activista norteamericano, cambiará as súas vidas. Grazas a Sam. toman conciencia da súa situación laboral e emprenden unha campaña de loita polos seus dereitos, pero corren o risco de perder o seu traballo e de ser expulsadas do país. 

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3
Guía Didáctica 4

20.12.17

TIEMPOS MODERNOS

Dirección: Charles Chaplin
País: EEUU (1936)
Guión: Charles Chaplin
Música: Charles Chaplin
Fotografía: Rollie Totheroh, Ira Morgan
Reparto: Charles Chaplin, Paulette Goddard, Henry Bergman, Chester Conklin, Stanley Stanford, Hank Mann, Louis Natheaux, Allan García.

Sinopse: Esgotado polo frenético ritmo da cadea de montaxe, un obrero metalúrxico acaba perdendo a razón. Despois de recuperarse nun hospital, sal e é encadeado por participar nunha manifestación na que se atopaba por casualidade. No cárcere, tamén sen pretendelo, axuda a controlar un motón, grazas ao que queda en liberdade. Unha vez fóra, reemprende a loita pola supervivencia en compañía dunha xoven orfa á que coñece na rúa.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3

17.12.17

NORMA RAE

Dirección: Martin Ritt
País: EEUU (1979)
Guión: Irving Ravetch, Harriet Frank Jr.
Música: David Shire
Fotografía: John A. Alonzo
Reparto: Sally Field, Beau Bridges, Ron Leibman, Pat Hingle, Barbara Baxley, Gail Strickland, Robert Broyles, John Calvin, Morgan Paull, Booth Colman.

Sinopse: Baseada en feitos reias, narra o proceso de concienciación política dunha muller e o seu compromiso coa loita sindical. Norma Rae (Sally Field), unha obreira dunha fábrica textil do sur de Estados Unidos, pasa por momentos difíciles tras a morte do seu marido. Cando chega á cidade un líder sindical que se propón formar un sindicato na fábrica, a vida de Norma cambia por completo: participa na loita laboral e se casa cun compañeiro de traballo. Convertida en líder sindicalista, terá que enfrontarse a enormes dificultades para implantar un sindicato na súa fábrica.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2