24.5.07

AMÉLIE

Dirección: Jean-Pierre Jeunet
País: Francia e Alemaña (2001)
Interpretación: Audrey Tautou, Mathieu Dassovitz, Rufus, Yolande Moreau
Fotografía: Bruno Delbonnel
Montaje: Hervé Schneid
Música: Yan Tiersen

Sinopse: Amélie non é unha rapaza como as demáis. Veu ao seu peixe de cores esbarar cara as alcantarillas municipais, á súa nai morrer na plaza de Notre-Dame e ao seu pai adicar todo o seu afecto a un gnomo do xardín. Creceu e converteuse en camareira nun bar de Montmartre cuxa propietaria é unha antiga xinete circense. A vida de Amelia é sinxela, gústalle tirar pedras ao Sena, observar á xente e deixar voar a súa imaxinación. De repente, aos seus vintedous anos, Amelia descobre o seu obxectivo na vida: arranxar a vida dos demais. Inventa toda clase de estatexias para intervir, sen que se dean de conta, na existencia de varias persoas do seu contorno. Entre elas está a súa porteira que pasa os días bebendo viño de Oporto; Georgette, unha estanqueira hipocondríaca: ou “o home de cristal”, un veciño que só ve o mundo ao través da reprodución dun cadro de Renoir.


Trailer
Webquest (Francés)

16.5.07

EL CLUB DE LOS POETAS MUERTOS

Dirección: Peter Weir
País: USA.(2002)
Interpretación: Robin Williams, Robert Sean Leonard, Ethan Hawke
Guión: Tom Schulman
Produción: Juan Alexander.
Música: Maurice Jarre.

Sinopse:No ano 1959, a Academia Walton segue mantendo o clásico modelo de educación vitoriana. Os rapaces que alí estudan pertencen á máis exquisita sociedade e fano co único fin de triunfar no futuro. O novo curso conta coa novidade dunha incorporación; un profesor de literatura, John Keatin, antigo alumno do centro. Keatin quer inculcar nos seus alumnos o amor pola liberdade e a busca da beleza como lindes principais do camiño que conduce á realización do ser humano.

15.5.07

LOS PADRES DE ÉL

Dirección: Jay Roach
País: USA (2004)
Interpretación: Robert de Niro, Ben Stiller, Dustin Hoffman, Barbra Streisand
Fotografía: John Schwartzman
Produción: Jane Rosenthal, Robert de Niro, Jay Roach
Música: Randy Newman

Sinopse: Fai catro anos, o público tivo a oportunidade de acompañar a Grez Gocker durante unha fin de semana no que conseguiu perder o seu equipaxe, prender lume ao patio, pasarse nun partido de voleibol acuático, pintar ao gato e someterse a un detector de mentiras ante as exixencias de Jack Byrnes, o pai da súa moza. Agora, pasado o tempo, Greg conseguiu entrar no seu círculo de confianza. Todo vai sobre rodas. Pan e el están planeando a boda con moito entusiasmo. Só queda un pequeno problema que superar, os futuros consogros deben pasar unha fin de semana xuntos. Está decidido. Greg e Pam suben a bordo do novo todoterreo último modelo de Jack para unha visita á illa Focker onde residen Bernie e Roz Focker. É a oportunidade perfecta para que os futuros consogros se coñezan mellor e, sobre todo, para que Jack teña a oportunidade de estudar aos pais de Greg. Todo parece ir vento en popa ata que Jack descobre que o pai abogado e a nai doctora de Greg son en realidade un pai liberal que cuida da casa e a unha terapeura sexual para a terceira idade. Por se iso non fose bantante, logo ven o asunto do todoterreo-retrete, o partido de fútbol americano do máis intenso, o do descarado cubano do cáterin co seu segredo... sen esquecer o incidente do neno pequeno co pegamento... Xa poden estar preparados. Chegou o momento de coñecer a “os pais de el”... Só é unha fin de semana. Que pode ir mal en tan pouco tempo?


6.5.07

CONFIDENCE

Dirección: James Foley
País:
USA, Canadá e Alemaña (2003)
Interpretación: Edward Burns, Rachel Weisz, Andy García, Dustin Hoffman
Fotografía: Juan Ruíz Anchía
Produción: Marc Butan, Michael Paseornec, Michael Burns
Música: Christophe Beck


Sinopse: A vida de Jake Vig podería depender do que non sabe. Este avispado e elegante timador acaba de estafar miles de dólares ao incauto Lionel Dolby coa axuda do seu equipo: Gordo, Shills Miles, Bil Al e dous axentes corruptos do Departamento de Policía dos Ánxeles, Lloyd Whitworth e Omar Manzano. Sen embargo, cando Lionel e Big Al aparecen mortos, sae á luz que Lionel non era un primo calquera; Jake non tarda en averiguar que era contable do excéntrico xefe do hampa Winston King. Non sendo unha persoa que se acobarde ante un desafío, Jake ofrécese a devolver o diñeiro a King montando o maior golpe da súa vida. A vítima será nin máis nin menos que Morgan Gillette, un banqueiro que mantén estreitos lazos co crime organizado. Cunha aposta tan elevada, Jake recurre a unha atrevida carterista chamada Lily, que se incorpora ao equipo para levar a cabo un complexo plan que mestura créditos a empresas, co pelo recén tinxido de vermello, o que non podería ser peor presaxio. Para complicar as cousas, Jake non só deberá verse co seu enimigo xurado, o axente do FBI Gunther Butan, senón co secuaz de King, Travis e coa traición dun dos seus colaboradores. Con cada vez máis números en contra, Jake e o seu equipo vense obrigados a levar a dianteira tanto aos criminais como á policía para poder saldar a deuda contraida.


5.5.07

CRASH

Dirección: Paul Haggis
País: USA e Alemaña (2004)
Interpretación: Sandra Bullock, Don Cheadle, Matt Dillon, Brendan Fraser
Fotografía: James Muro
Produción: Cathy Schulman, Don Cheadle, Bob Yari
Música: Mark Isham


Sinopse: Crash, segue a pista do encontro fugaz entre un grupo de personaxes de diferentes razas, que loitan por superar os seus medos a medida que entran e saen das vida dos demáis: un detective de policía negro cunha nai drogadita e un irmán desaparecido, dous ladróns de coches que teorizan continuamente sobre a sociedade, o ocupado fiscal do distrito e a súa irritable esposa, un veterano policía racista (que coida do se pai enfermo) que non lle gusta ao seu xove e idealista compañeiro, un exitoso director de televisión e a súa altiva esposa, un inmigrante persa que merca unha arma, un cerraxeiro hispano e a súa pequena filla, etc. Na zoa gris entre o blanco e o negro, onde todo o mundo é vítima e agresor, todos colisionarán durante as próximas 36 horas.