País: USA (2004)
Interpretación: Robert de Niro, Ben Stiller, Dustin Hoffman, Barbra Streisand
Fotografía: John Schwartzman
Produción: Jane Rosenthal, Robert de Niro, Jay Roach
Música: Randy Newman
Sinopse: Fai catro anos, o público tivo a oportunidade de acompañar a Grez Gocker durante unha fin de semana no que conseguiu perder o seu equipaxe, prender lume ao patio, pasarse nun partido de voleibol acuático, pintar ao gato e someterse a un detector de mentiras ante as exixencias de Jack Byrnes, o pai da súa moza. Agora, pasado o tempo, Greg conseguiu entrar no seu círculo de confianza. Todo vai sobre rodas. Pan e el están planeando a boda con moito entusiasmo. Só queda un pequeno problema que superar, os futuros consogros deben pasar unha fin de semana xuntos. Está decidido. Greg e Pam suben a bordo do novo todoterreo último modelo de Jack para unha visita á illa Focker onde residen Bernie e Roz Focker. É a oportunidade perfecta para que os futuros consogros se coñezan mellor e, sobre todo, para que Jack teña a oportunidade de estudar aos pais de Greg. Todo parece ir vento en popa ata que Jack descobre que o pai abogado e a nai doctora de Greg son en realidade un pai liberal que cuida da casa e a unha terapeura sexual para a terceira idade. Por se iso non fose bantante, logo ven o asunto do todoterreo-retrete, o partido de fútbol americano do máis intenso, o do descarado cubano do cáterin co seu segredo... sen esquecer o incidente do neno pequeno co pegamento... Xa poden estar preparados. Chegou o momento de coñecer a “os pais de el”... Só é unha fin de semana. Que pode ir mal en tan pouco tempo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario