País: USA, Canadá e Alemaña (2003)
Interpretación: Edward Burns, Rachel Weisz, Andy García, Dustin Hoffman
Fotografía: Juan Ruíz AnchíaProdución: Marc Butan, Michael Paseornec, Michael Burns
Música: Christophe Beck
Sinopse: A vida de Jake Vig podería depender do que non sabe. Este avispado e elegante timador acaba de estafar miles de dólares ao incauto Lionel Dolby coa axuda do seu equipo: Gordo, Shills Miles, Bil Al e dous axentes corruptos do Departamento de Policía dos Ánxeles, Lloyd Whitworth e Omar Manzano. Sen embargo, cando Lionel e Big Al aparecen mortos, sae á luz que Lionel non era un primo calquera; Jake non tarda en averiguar que era contable do excéntrico xefe do hampa Winston King. Non sendo unha persoa que se acobarde ante un desafío, Jake ofrécese a devolver o diñeiro a King montando o maior golpe da súa vida. A vítima será nin máis nin menos que Morgan Gillette, un banqueiro que mantén estreitos lazos co crime organizado. Cunha aposta tan elevada, Jake recurre a unha atrevida carterista chamada Lily, que se incorpora ao equipo para levar a cabo un complexo plan que mestura créditos a empresas, co pelo recén tinxido de vermello, o que non podería ser peor presaxio. Para complicar as cousas, Jake non só deberá verse co seu enimigo xurado, o axente do FBI Gunther Butan, senón co secuaz de King, Travis e coa traición dun dos seus colaboradores. Con cada vez máis números en contra, Jake e o seu equipo vense obrigados a levar a dianteira tanto aos criminais como á policía para poder saldar a deuda contraida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario