País: USA, Reino Unido e Francia (2005)
Interpretación: Emma Thomson, Colin Firth, Kelly McDonald, Angela Lansbury, Celia Imrie
Fotografía: Henry Braham
Música: Patrick Doyle
Nanny McPhee é unha persoa de aspecto curioso con poderes máxicos que entra no fogar do viuvo Sr. Brown e dos seus sete insoportables fillos. Capitaneados por Simon, o maior, os extremadamente malcriados rapaces conseguiron que fuxiran as 17 predecesoras de Nanny e están convencidos de que ela tampouco será un problema. Pero ao facerse Nanny McPhee cargo da situación, comezan a ver que o seu mal comportamente ten rápidas, máxicas e inesperadas consecuencias. A súa influencia abarca outros problemas; por exemplo, os sorprendentes e inexplicables intentos do Sr. Brown por atopar unha esposa; o anuncio por parte da dominante tía Adelaide de que quere levarse aos rapaces, e os tristes e segredos desexos de Evangeline, a criada. Curiosamente, á par que muda o comportamento dos nenos, tamén o fai o fiero aspecto de Nanny McPhee, plantexando aínda máis preguntas acerca da misteriosa muller á que os rapaces e o seu pai aprenderon a querer.
Ficha Técnica 1
Ficha Técnica 2
Páxina Oficial (English)
Trailer
No hay comentarios:
Publicar un comentario