País: USA.(2005)
Interpretación: Meryl Streep, Uma Thurman, Bryan Greenberg, John Abrahams
Fotografía: William Rexer
Produción: Suzanne Todd e Jennifer Todd.
Sinopse: Situada no colorido e animado telón de fondo dun Manhattan do noso tempo, “Secretos Compartidos” é unha inxeniosa comedia romántica sobre os xuizos e tribulacións dunha desigual parella de namorados. Rafi, unha directora de fotografía de 37 anos recén divorciada, coñece a David, un pintor de 23 recén licenciado. “Secretos Compartidos” explora o que acontece cando o amor a primeira vista se enfronta coa realidade do día a día nunha relación de adultos. A doctora Lisa Metzger, a psiquiatra de Rafi, que está intentando axudalo a superar os seus medos para poder reanudar unha relación íntima, dase de conta de que o novo amante de Rafi é, desafortunadamente para Lisa, o seu único fillo, David. David e Rafi deberán enfrontarse a unha diferencia de idade de 14 anos, a dos pasados infinitamente diferentes e ás demandas da madre tradicional de David.
Esta película é unha mirada franca cara un romance moderno e urbano presentado abertamente e con un sentido do humor que explora a ledicia de namorarse perdidamente de alguén, e as pelexas que inevitablemente xorden desta nova relación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario