Dirección: Carlos BoladoPaís: USA.(2001)
Interpretación: BZ, Faraj, Yarko, Sanabel, Daniel, Mahmoud, Moishe.
Produción: Janet Cole
Ficha Técnica 1 (English)
Ficha Técnica 2
"O cine, se se fai ben, regala pequenos anacos de vida que nunca esquecerás" Amarcord
Dirección: Carlos Bolado
Dirección: Javier Balaguer.
Dirección: Stephen FrearsSinopse: Cando a noticia da morte da princesa Diana golpea ao sorprendido público británico, a raiña Isabel II retírase tras os muros do castelo de Balmoral coa súa familia, incapaz de comprender a desposta do pobo á tragedia. Para Tony Blair, primeiro ministro recén elidido, a necesidade do pobo do consolo e comprensión dos seus líderes está clara. Ao desbordarse as mostras de emoción, o primeiro ministro debe atopar o xeito de volver a conectar á monarca cos seus suditos. A película apoia en multitude de entrevistas con personaxes conectados estreitamente coa casa real e expertos no tema para amosar un retrato íntimo y a veces humorístico dunha familia en crisis e dun novo primeiro ministro na cumbre do seu pode nun tempo dun extraordinario dor público e privado.
Dirección: Javier CorcueraSinopse: Guínder Rodríguez ten 11 anos. Pertence a unha familia composta polo pai, a nai e tres hirmáns máis. Viven nunha casa chabola na periferia de Lima. Como os seus amigos, traballa como picapedreiro e intenta compaxinar traballo e educación. De mair quer ser contable.
Leyla Zana estaba embarazada do seu segundo fillo cando encarcelaron ao seu marido Mehdi. Aprendeu a falar turco para poder visitarlo na cárcere. Logo comezou a estudar e chegou a ser a primeira muller kurda elixida diputada por Diyarbarki.
Thomar Miller leva dende 1986 no corredor da morte de Texas (USA) acusado de roubo e dobre asasinato. Dende entón coñeceu a 120 persoa que foron executadas e xa tivo dez datas de execución que non se chegaron a cumprir grazas ás apelacións presentadas polo seu avogado.
Dirección: Peyton ReedSinopse: As comedias románticas transcorren según un patrón a proba de bombas: Chico coñece a chica, as cousas van vento en poa, logo se complican un pouco, pero todo remata ben, son felices. Pero, que pasa cando o rapaz e a rapaza chegan esgotados a casa despois dun duro día de traballo? Cando comeza a rutina a sacarlles de quicio? Así comeza “Separados”, unha comedia romántica pouco convencional que conta a viaxe, ás veces cómica, outras dolorosa, pero sempre entretida, dunha parella en plena deconstrución do que foi unha sólida e afectuosa relación. Gary e Brooke son unha parella que despois de dous anos de matrinonio descobren que non queda nada cando unha pequena discusión se converte nunha pelexa fóra de toda medida. Ningún dos dous quere deixar o apartamento que tiñan compartido ata ese momento, e comeza a auténtica guerra. Decididos a seguir os consellos, a miudo equivocados, de amigos e parentes, poñen en práctica unha serie de planes deseñados ou bien a botar ao outro do apartamento ou a conquistalo de novo.
Dirección: Nancy MeyersSinopse: Iris y Amanda son dúas mulleres que non poden ser máis distintas. Unha vive nunha acolledora casiña inglesa e a outra nunha despampanante mansión de Hollywood, pero que comparten a súa mala sorte cos homes. Desesperadamente necesitados de evasión, coñecense a través de Internet e, levadas dun impulso irresistible, intercambian as súas casas. Ambas atopan o último que cada unha delas desaxa ou espera, un novo amor, e descobren que un cambio de dirección pode realmente supoñer un cambio de vida.
Dirección: Woody AllenSinopse: Sondra Pransky é unha estudante americana de periodismo que se atopa en Gran Bretaña visitando a uns amigos. Durante a súa estancia en Londres, acode a un espectáculo de maxia onde o ilusionista faina subir ao esceario para realizar un dos seus trucos: neste, ela debe desaparecer. Mentres Sondra está esperando “desmaterializarse”, recibe a visita da pantasma dun reporteiro falecido que lle dará a exclusiva do ano. O esprito afirma que Meter Lyman, o rico e atractivo fillo dun coñecido aristócrata británico, está levando unha dobre vida como o Asesiño do Tarot, un asesiño en serie que leva tempo aterrorizando ao país e eludindo á xustiza. Coa axuda do mago, Sondra comeza a investigar a noticia e consegue xuntar certas evidencias incriminatorias contra Lyman. De todos xeitos, canto máis sabe del, máis perigosa se torna a investigación, sobre todo cando nota que comeza a namorarse do atractivo presunto criminal.
Dirección: Neil Burger
Dirección: Iciar Bollaín.
Dirección: Charles DanceSinopse: Cornualles, 1936: A pesar dos grandes acontecementos históricos que están a piques de suceder en Europa, Cornualles mantense como un recuncho do mundo ao abrigo do paso do tempo e dos avatares do exterior. Da información que lles chega a través da radio, granxeiros e pescadores só amosan interese pola predición atmosférica e o estado do mar. Tampouco os forasteiros nin os desocupados son especialmente benvidos nesta pechada comunidade. O descubrimento dun “naufrago” na praia que hai baixo da súa casa, perturbará sen embargo as tranquilas vidas das irmás Janet e Ursula Widdington e da comunidade na que residen dende sempre. Arroxado pola borda dun barco que se dirixía dende o Continente Europeo a América, as intencións primeiras de Andrea Marowski eran comezar unha nova vida en NY, lonxe dunha Europa cada vez máis cercana á guerra, e especialmente dos sentimentos antisemitas, unha ameaza cada vez máis próxima para o xoven violinista de Cracovia. O ter sobrevivido é casi unha miragre e así o senten tanto el mesmo como as irmás Widdington. Coa axuda dun médico local, conseguirán a súa recuperación.
Dirección: Sydney PollackSinopse: Silvia Broome é unha intérprete das Nacións Unidas, nacida en África, que oe como ameazan de morte a un presidente africano, acusado de xenocidio no seu país, que nuns días dará un discurso na Asamblea Xeral. Tobin Keller é o axente federal encargado de protexela, pero pouco a pouco comezan a levantarse sospeitas sobre os ideais e motivos dela.
Dirección: Ben YoungerSinopse: Situada no colorido e animado telón de fondo dun Manhattan do noso tempo, “Secretos Compartidos” é unha inxeniosa comedia romántica sobre os xuizos e tribulacións dunha desigual parella de namorados. Rafi, unha directora de fotografía de 37 anos recén divorciada, coñece a David, un pintor de 23 recén licenciado. “Secretos Compartidos” explora o que acontece cando o amor a primeira vista se enfronta coa realidade do día a día nunha relación de adultos. A doctora Lisa Metzger, a psiquiatra de Rafi, que está intentando axudalo a superar os seus medos para poder reanudar unha relación íntima, dase de conta de que o novo amante de Rafi é, desafortunadamente para Lisa, o seu único fillo, David. David e Rafi deberán enfrontarse a unha diferencia de idade de 14 anos, a dos pasados infinitamente diferentes e ás demandas da madre tradicional de David.
Esta película é unha mirada franca cara un romance moderno e urbano presentado abertamente e con un sentido do humor que explora a ledicia de namorarse perdidamente de alguén, e as pelexas que inevitablemente xorden desta nova relación.
Dirección: Jean-Pierre JeunetSinopse: Amélie non é unha rapaza como as demáis. Veu ao seu peixe de cores esbarar cara as alcantarillas municipais, á súa nai morrer na plaza de Notre-Dame e ao seu pai adicar todo o seu afecto a un gnomo do xardín. Creceu e converteuse en camareira nun bar de Montmartre cuxa propietaria é unha antiga xinete circense. A vida de Amelia é sinxela, gústalle tirar pedras ao Sena, observar á xente e deixar voar a súa imaxinación. De repente, aos seus vintedous anos, Amelia descobre o seu obxectivo na vida: arranxar a vida dos demais. Inventa toda clase de estatexias para intervir, sen que se dean de conta, na existencia de varias persoas do seu contorno. Entre elas está a súa porteira que pasa os días bebendo viño de Oporto; Georgette, unha estanqueira hipocondríaca: ou “o home de cristal”, un veciño que só ve o mundo ao través da reprodución dun cadro de Renoir.
Dirección: Peter WeirSinopse:No ano
Dirección: Jay RoachSinopse: Fai catro anos, o público tivo a oportunidade de acompañar a Grez Gocker durante unha fin de semana no que conseguiu perder o seu equipaxe, prender lume ao patio, pasarse nun partido de voleibol acuático, pintar ao gato e someterse a un detector de mentiras ante as exixencias de Jack Byrnes, o pai da súa moza. Agora, pasado o tempo, Greg conseguiu entrar no seu círculo de confianza. Todo vai sobre rodas. Pan e el están planeando a boda con moito entusiasmo. Só queda un pequeno problema que superar, os futuros consogros deben pasar unha fin de semana xuntos. Está decidido. Greg e Pam suben a bordo do novo todoterreo último modelo de Jack para unha visita á illa Focker onde residen Bernie e Roz Focker. É a oportunidade perfecta para que os futuros consogros se coñezan mellor e, sobre todo, para que Jack teña a oportunidade de estudar aos pais de Greg. Todo parece ir vento en popa ata que Jack descobre que o pai abogado e a nai doctora de Greg son en realidade un pai liberal que cuida da casa e a unha terapeura sexual para a terceira idade. Por se iso non fose bantante, logo ven o asunto do todoterreo-retrete, o partido de fútbol americano do máis intenso, o do descarado cubano do cáterin co seu segredo... sen esquecer o incidente do neno pequeno co pegamento... Xa poden estar preparados. Chegou o momento de coñecer a “os pais de el”... Só é unha fin de semana. Que pode ir mal en tan pouco tempo?