País: Estados Unidos (2005)
Guión: John August
Música: Danny Elfman
Fotografía: Philippe Rousselot
Reparto: Johnny Depp, Freddie Highmore, David Kelly, Deep Roy, Helena Bonham Carter, Noah Taylor, James Fox, Julia Winter, Missi Pyle, AnnaSophia Robb, Adam Godley, Jordan Fry...
Sinopse: A
maioría das noites no fogar dos Bucket, a cea é un tazón de sopa de
repolo aguada que o xoven Charlie comparte con moito gusto coa súa nai
(Helena Bonham Carter), seu pai (Noah Taylor), seus dous avos e as súas
dúas avoas. A súa é unha vella casa diminuta, destartalada e con
correntes de aire, pero está chea de amor. Todas as noites, o último que
Charlie ve dende a súa fiestra é a gran fábrica e queda durmido soñando
co que haberá dentro. Dende fai case quince anos, ninguén veu entrear e
sair da fábrica a un so traballador, e tampouco viron ao propio Willy
Wonka (Johnny Depp, e sen embargo, misteriosamente, seguen a elaborar
grandes cantidades de chocolate que son enviadas a tendas de todo o
mundo. Un día Willy Wonka fai un anuncio trascendental. Abrirá a súa
famosa fábrica e revelará "todos os seus segredos e a súa maxia" a cinco
afortunados nenos que atopan uns billetes dourados agochados no
interior de cinco chocolatinas Wonka elixidas ao azar. Nada faría máis
feliz á familia de Charlie que velo gañar, pero ten poucas
posibilidades, xa que so se poden permitir mercar unha chocolatina ao
ano, para o seu cumpleanos.
Ficha Técnica
Guía Didáctica 1 (Profesorado)
Caderniño Alumnado
Guía Didáctica 2 (Profesorado)
Caderniño Alumnado
Guía Didáctica 3
No hay comentarios:
Publicar un comentario