20.9.08

EL SEÑOR IBRAHIM Y LAS FLORES DEL CORÁN

Dirección: Francoise Dupeyron
País: Francia (2003)
Interpretación: Omar Sharif, Pierre Boulanger, Gilbert Melki, Isabelle Renauld.
Fotografía: Rémy Chevrin
Produción: ARP France3 Cinéma
Música: Françoise Maurel


Sinopse: Durante o comezo dos anos 60, París, como a meirande parte de Europa, era unha explosión de vida. Todo estaba cambiando e a cidade encheuse dunha enerxía que prometía cambios culturais e sociais. Neste transfondo, nunha vecindade de clase obreira, coñécense un xove xudeo, Momo e un vello musulmán, Ibrahim. Momo é un orfo cuxos únicos amigos son as prostitutas da rúa, que o tratan cun grande afecto. Momo merca comestibles na tenda do señor Ibrahim, un silencioso e exótico home que ve e sabe máis do que revela. Ibrahim, o tendeiro árabe da rúa Azul, convértese no mellor amigo do xove e xuntos comezan unha viaxe que cambiará as súas vidas de sempre. Pero as apariencias enganan; nin a rúa é azul, nin o árabe é árabe. E a vida non ten por que ser sempre triste...

1 comentario:

Laura López dijo...

A película encantoume. E igual o libro. Como xa contei no comentario do libro a película trata sobre a relación dun rapaz xudeu cun anciá musulmá. Valorase a amistade, a diversidade de culturas e as deferentes condicións sociais...
Espero no futuro poder ver máis películas coma esta... e tamén ver películas relacionadas con libros tan bos coma este.