País: USA (2004)
Interpretación: Dennis Quaid, Scarlett Johansson, Topher Grace
Fotografía: Remi Adafarasin
Produción: Paul Weitz e Chris Weitz
Música: Stephen Trask
Sinopse: Dan Foreman ten 51 anos e a súa vida é boa.. en conxunto. O veterano xefe de vendas de publicidade do semanario Sports America acaba de celebrar o mellor ano da revista, grazas en grande medida á cálido, honesto e amizoso xeito de negociar de Dan e ao esprito de equipo do departamento que el encabeza. Incluso as noticias do inesperado embarazo da súa esposa e da admisión da súa filla maior, Alex, na exclusiva Universidade de NY fan feliz a Dan, aínda que lle deixan lixeiramente preocupado pola economía familiar, pero, como sempre fai, conseguerá atopar unha solución. Carter Duryea ten 26 anos e pensa que a súa vida é formidable, na súa maior parte. O xoven prodixio ten progresado na multinacional Globecom. Os directivos incluso o coñecen polo seu nome. Carter está sendo preparado para o seu próximo peldaño na escaleira corporativa: dirixir a venda de publicidade nunha das principais publicacións recentemente adquiridas por Globecom na súa derradeira operación, a revista Sports America. Desafortunadamente para Carter, o seu ascenso coincide co final dos seus sete meses de matrimonio e non ten a ninguén, salvo un peixe, con quen compartir a súa felicidade. Pero sabe que está no bon camiño...
No hay comentarios:
Publicar un comentario