29.12.17

FURTIVOS

Dirección: José Luis Borau
País: España (1975)
Guión: Manuel Gutiérrez Aragón, José Luis Borau
Música: Vainica Doble
Fotografía: Luis Cuadrado
Reparto: Lola Gaos, Ovidi Montllor, Alicia Sánchez, Ismael Merlo, José Luis Borau, Felipe Solano, Antonio Gamero.

Sinopse: Ángel (Ovidi Montllor) é un cazador furtivo que vive nun bosque coa súa nai (Lola Gaos), unha muller tiránica e violenta. Nunha das súas escasas viaxes á cidade, coñece a Milagros (Alicia Sánchez), unha moza que fuxiu dun reformatorio e que é a amante dun delincuente chamado El Cuqui. Ángel protésea e lévaa á súa casa. A nimosidade da nai cara Milagros, así como a atracción que Ángel sente cara a ela desembocarán nun drama. 


MENSAKA


Dirección: Salvador García Ruiz
País: España (1998)
Guión: Luis Marías
Música: Pascal Gaigne
Fotografía: Teo Delgado
Reparto: Tristán Ulloa, Gustavo Salmerón, Pedro González Macho, Ginés García Millán, Sandra Rodríguez, Guillermo Toledo, Lola Dueñas, Laia Marull, Adriá Collado, María Esteve.

Sinopse: Perante un outono, a vida dun grupo de xóvenes sofre unha transformación radical. Viven nunha gran cidade e, aínda que pertencen a clases sociais ben diferentes, séntense unidos por unha especia de lazos invisibles que se irán facendo cada vez máis estreitos ata formar un mundo particular, moito máis pequeno do que se imaxinan.

Ficha Técnica
Guía Didáctica

EN EL MUNDO A CADA RATO

Dirección: Patricia Ferreira, Pere Joan Ventura, Chus Gutiérrez, Javier Corcuera, Javier Fesser
País: España (2004)
Guión: Patricia Ferreira, Pere Joan Ventura, Chus Gutiérrez, Javier Corcuera, Javier Fesser
Música: José Nieto, Tao Gutiérrez
Fotografía: Rafa Roche, Alberto Molina, Jordi Abusada, Chechu Graf
Reparto: Documentary

Sinopse: Documental producido por TUS OJOS en colaboración con UNICEF para contribuir á protección dos dereitos da infancia no mundo. Abórdanse as cinco prioridades de UNICEF: A educación das nenas, o desenvolvemento integrado na primeira infancia, a inmunización, a loita contra o VIH/SIDA e a loita contra a violencia, a explotación e a discriminación. Son cinco historias rodadas en distintos paíss do mundo e cuxos protagonistas son os nenos:
  1. "El secreto mejor guardado", Dirixida por Patricia Ferreira e rodada na India.
  2. "La vida efímera", dirixida por Pere Joan Ventura e rodada na Guinea Ecuatorial.
  3. "Las siete alcantarillas", dirixida por Chus Gutiérrez e rodada na Arxentina.
  4. "Hijas de Belén", dirixida por Javier Corcuera e rodada en Perú.
  5. "Binta y la gran idea", dirixida por Javier Fesser e rodada no Senegal.
Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3

SOLAS

Dirección: Benito Zambrano
País: España (1999)
Guión: Benito Zambrano
Música: Antonio Meliveo
Fotografía: Tote Trenas
Reparto: María Galiana, Ana Fernández, Carlos Álvarez-Novoa, Antonio Dechent, Paco de Osca, Juan Fernández, Miguel Alcíbar, Pilar Sánchez, Concha Galán, Paco Tous.

Sinopse: María (Ana Fernández) malvive nun oscuro apartamento dun barrio miserable, traballa eventualmente como muller da limpeza e, case que con cuarenta anos, descobre que está embarazada dun home ao que non ama. A súa soidade é tan grande que so atopa consolo na bebida. A súa nai (María Galiana), que ten consumido a súa vida ao lado dun home violento e intolerante, non ten nin sequera o consolo de tela preto. Con motivo do ingreso do seu home nun hospital, a nai visita a María no seu apartamento e coñece a un veciño viuvo (Carlos Álvarez) que vive co seu can. A relación que se establece entre estes tres naúfragos alivia as súas soidades e deixa a porta aberta á esperanza. 

FRESA Y CHOCOLATE

Dirección: Tomás G. Alea, Juan Carlos Tabío
País: Cuba (1993)
Guión: Senel Paz
Música: José María Vitier
Fotografía: Mario García Joya
Reparto: Jorge Perugorría, Vladimir Cruz, Mirtha Ibarra, Francisco Gattorno, Marilyn Solaya, Joel Angelino

Sinopse: David (Vladimir Cruz) é un comunista convencido que estudia socioloxía na Universidade da Habana. Diego (Jorge Perugorría) é un artista Homosexual acosado pola homofobia do réxime castrista. A pesares das abismais diferencias que os separan, entre eles xorde unha fonda amizade.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2

28.12.17

FULL MONTY

Dirección: Peter Cattaneo
País: Reino Unido (1997)
Guión: Simon Beaufoy
Música: Anne Dudley
Fotografía: John de Borman
Reparto: Robert Carlyle, Mark Addy, Tom Wilkinson, Lesley Sharp, Paul Barber, William Snape, Steve Huison, Hugo Speer, Emily Woof, Deirdre Costello, Paul Butterworth, Dave Hill, Bruce Jones..

Sinopse: O peche da fábrica de aceiro de Yorkshire deixa sen traballa a casi toda a poboación masculina. Gaz, un dos obreiros afectados, perderá o dereito de ver ao seu fillo se non consegue diñeiro para pagar a pensión de manutención familiar á súa muller. En medio da desesperación, ocórreselle unha idea, a primeira vista disparatada, e plantéxalla aos amigos que están na mesma situación: organizar un espectáculo de strip-tease.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3

MISSISSIPPI MASALA

Dirección: Mira Nair
País: EEUU (1991)
Guión: Sooni Taraporevala
Música: L. Subramaniam
Fotografía: Edward Lachman
Reparto: Denzel Washington, Roshan Seth, Sarita Choudhury, Charles S. Dutton, Joe Seneca, Tico Wells, Sharmila Tagore.

Sinopse: Expulsados pola dictadura de Uganda en 1972, un matrimonio hindú e a súa pequena filla Mina emigran aos EEUU onde, despois de varios anos de tranquilidade, a paixón da fermosa Mina por un home de cor lles fai vivir o odio racial a anguria e o amor das súas vidas pasadas. 

Ficha Técnica
Guía Didáctica

PAN Y ROSAS

Dirección: Ken Loach
País: Reino Unido (2000)
Guión: Paul Laverty
Música: George Fenton
Fotografía: Barry Ackroyd
Reparto: Pilar Padilla, Adrien Brody, Elpidia Carrillo, George López, Jack McGee

Sinopse: Maya e Rosa son dúas irmás mexicanas que traballan, en condicións de explotación, como limpadoras nun edificio de oficina do centro dos Ánxeles. Un encontro con Sam, un apaixoado activista norteamericano, cambiará as súas vidas. Grazas a Sam. toman conciencia da súa situación laboral e emprenden unha campaña de loita polos seus dereitos, pero corren o risco de perder o seu traballo e de ser expulsadas do país. 

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3
Guía Didáctica 4

LA DELGADA LINEA ROJA

Dirección: Terrence Malick
País: EEUU (1998)
Guión: Terrence Malick
Música: Hans Zimmer
Fotografía: John Toll
Reparto: Sean Penn, Jim Caviezel, Nick Nolte, Elias Koteas, Ben Chaplin, Dash Mihok, John Cusack, Adrien Brody, John C. Reilly, Woody Harrelson, Miranda Otto, Jared Leto, Will Wallace...

Sinopse: Ano 1942, en plean Segunda Guerra Mundial na Illa de Guadalcanal, no Pacífico. Un grupo de homes da compañía de fusileros do exército americano "C de Charlie" combate contra o exércido xaponés pola conquista dunha estratéxica colina. Este grupo forma parte das tropa enviadas para relevar ás unidades de infatería de Marina, esgotadas polo combate.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2

YENTL

Dirección: Barbra Streisand
País: EEUU (1983)
Guión: Barbra Streisand, Jack Rosenthal
Música: Michel Legrand, Alan Bergman, Marilyn Bergman
Fotografía: David Watkin
Reparto: Barbra Streisand, Mandy Patinkin, Amy Irving, Nehemiah Persoff, Steven Hill, Allan Corduner, Miriam Margolyes, Ruth Goring, David de Keyser

Sinopse: Nun pobo da Europa Oriental de principios do século XX, a xove xudéa Yentl Mendel (Streisand), filla dun rabino viuvo que ensina o Talmud ao xoves locais, faise pasar por varón par estudar nunha escola reservada para homes. Pero os problemas aparecerán cando se namora doutro estudante, Avigdor (Mandy Patinkin), que non sabe que é unha muller.


LA VIDA DE LOS OTROS

Dirección: Florian Henckel von Donnersmarck
País: Alemaña (2006)
Guión: Florian Henckel von Donnersmarck
Música: Gabriel Yared, Stéphane Moucha
Fotografía: Hagen Bogdanski
Reparto: Ulrick Mühe, Martina Gedeck, Sebastian Koch, Ulrich Tukur, Thomar Thieme, Hans-Uwe Bauer, Volkmar Kleinert, Matthias Brenner, Charly Hübner, Herbert Knaup.

Sinopse: República Democrática Alemana, ano 1984. O capitán Gerd Wiesler (Ulrich Mühe), un home solitario, é un competente oficial do servizo de intelixencia e espionaxe da Stasi, a todopoderosa policía segreda do réxime comunista de RDA. Sen embargo, cando lle encomenda que espía á parella formada por un prestixioso escritor (Sebastian Koch) e unha popular actriz (Martina Gedenk), non pode nin sequera imaxinar ata que punto esa misión vai a influir na súa concepción da vida e do mundo.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3

22.12.17

VEREDICTO FINAL

Dirección: Sidney Lumet
País: EEUU (1982)
Guión: David Mamet
Música: Johnny Mandel
Fotografía: Andrzej Bartkowiak
Reparto: Paul Newman, Charlotte Rampling, Jack Warden, James Mason, Milo O'Shea, Lindsay Crouse, Edward Binns, Julie Bovasso, Roxanne Hart, James Handy, Wesley Addy, Joe Seneca...

Sinopse: Frank Galvin (Paul Newman), un maduro avogado en decadencia, é un adicto ao alcohol que sobrevive grazas a pequenos e rutinarios traballos. Un antigo socio lémbralle o caso, aínda sen resolver, dun error médico cometido nun hospital e do que Galvin se tivera ocupado. Non é nada doado para el traballar de novo de xeito profesional, pero o seu tesón é tal que non tarda en averiguar que pode gañar o caso. É entón cando comeza a recibir ofertas económica para arranxar o asunto sen ir a xuizo. Pero Galvin está disposto a xogalo todo, tanto para acadar unha importante indemnización para os familiares como para rehabilitarse como avogado e como persoa.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1

LAS UVAS DE LA IRA

Dirección: John Ford
País: EEUU (1940)
Guión: Nunnally Johnson
Música: Alfred Newman
Fotografía: Gregg Toland
Reparto: Henry Fonda, Jane Darwell, John Carradine, Charley Grapewin, Dorris Bowdon, Russell Simpson, John Qualen, O.Z. Whitehead, Eddie Quillan, Zeffie Tilbury, Ward Bond

Sinopse: Tom Joad (Henry Fonda) volta ao seu fogar tras cumprir condena en prisión, pero a ilusión de voltar a ver aos seus transfórmase en frustración ao ver como os expulsan das súas terras. Para fuxir da fame e da pobreza, a familia non ten máis remedio que emprender unha longuísima viaxe chea de penurias coa esperanza de atopar unha oportunidade en California, a terra prometida.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3
Guía Didáctica 4

UP

Dirección: Pete Docter, Bob Peterson
País: EEUU (2009)
Guión: Bob Peterson, Pete Docter
Música: Michael Giacchino
Fotografía: Animation
Reparto: Animation

Sinopse: Carl Fredricksen é un viuvo vendedor de globos de 78 anos que, finalmente, consegue levar a cabo o soño da súa vida: enganchar miles de globos á súa casa e sair voando rumbo a América do Sur. Pero xa estando no aire e sen posibilidade de voltar Carl descobre que viaxa acompañado de Russell, un explorador que ten oito anos e un optimismo a proba de bomba. 


21.12.17

TRAFFIC

Dirección: Steven Soderbergh
País: EEUU (2000)
Guión: Stephen Gaghan
Música: Cliff Martínez
Fotografía: Steven Soderbergh
Reparto: Michael Douglas, Benicio del Toro, Don Cheadle, Catherine Zeta-Jones, Denis Quaid, Erika Christensen, Steven Bauer, Miguel Ferrer, Amy Irving, Luis Guzmán, Benjamín Bratt...

Sinopse: O xuiz Robert Wakefield é nomeado polo Presidente dos Estados Unidos supervisor dos grupos de loita contra a droga e da súa coordinación coas autoridades mexicanas. Sen embargo, a súa satisfacción inicial polo seu prestixioso carge esfumarase cando descobra que a súa filla de 16 anos converteuse nunha drogadicta. Mentras tanto, ao sur da fronteira, o axente mexicano Javier Rodríguez intenta librar a súa propia batalla contra a droga.