Dirección: Alejandro AmenabarPaís: España (1997)
Interpretación: Eduardo Noriega, Penélope Cruz, Chete Lera, Fele Martínez
Fotografía: Hans BurmannProdución: Coprodución España-Francia-Italia
Música: Alejandro Amenabar, Mariano Marín
"O cine, se se fai ben, regala pequenos anacos de vida que nunca esquecerás" Amarcord
Dirección: Alejandro Amenabar
Dirección: Craig Rosenberg
Dirección: Karyn KusamaPaís: USA (2005)
Dirección: Paul WeitzSinopse: Dan Foreman ten 51 anos e a súa vida é boa.. en conxunto. O veterano xefe de vendas de publicidade do semanario Sports America acaba de celebrar o mellor ano da revista, grazas en grande medida á cálido, honesto e amizoso xeito de negociar de Dan e ao esprito de equipo do departamento que el encabeza. Incluso as noticias do inesperado embarazo da súa esposa e da admisión da súa filla maior, Alex, na exclusiva Universidade de NY fan feliz a Dan, aínda que lle deixan lixeiramente preocupado pola economía familiar, pero, como sempre fai, conseguerá atopar unha solución. Carter Duryea ten 26 anos e pensa que a súa vida é formidable, na súa maior parte. O xoven prodixio ten progresado na multinacional Globecom. Os directivos incluso o coñecen polo seu nome. Carter está sendo preparado para o seu próximo peldaño na escaleira corporativa: dirixir a venda de publicidade nunha das principais publicacións recentemente adquiridas por Globecom na súa derradeira operación, a revista Sports America. Desafortunadamente para Carter, o seu ascenso coincide co final dos seus sete meses de matrimonio e non ten a ninguén, salvo un peixe, con quen compartir a súa felicidade. Pero sabe que está no bon camiño...
Dirección: Stephen FrearsSinopse: Corre o ano 1937 e a rica Laura Hendreson acaba de quedar viuva. Ten moitos cartos e, pese aos seus 69 anos, segue tan vital como sempre polo que decide mercar o teatro Windmill do Soho londinense e convertelo no sitio de moda da cidade. Non ten nin idea de cómo levar un teatro, e por iso, decide contratar a Vivian Van Damm, un home do espectáculo que consegue que o Windmill estea sempre cheo ata que o resto dos teatros da zona lles copian. É entón cando deciden subir rapazas no esceario e obteñen permiso da censura coa condición de que as rapazas espidas non se movan. O espectáculo do Windmill volve a ser todo un éxito pero cando comezan os bombardeos de Londres, o goberno ameaza con pechar o teatro. Para evitalo, a señora Henderson terá que enfrontarse con numerosas adversidades.
Ficha Técnica 1
Dirección: Carlos Bolado
Dirección: Javier Balaguer.
Dirección: Stephen FrearsSinopse: Cando a noticia da morte da princesa Diana golpea ao sorprendido público británico, a raiña Isabel II retírase tras os muros do castelo de Balmoral coa súa familia, incapaz de comprender a desposta do pobo á tragedia. Para Tony Blair, primeiro ministro recén elidido, a necesidade do pobo do consolo e comprensión dos seus líderes está clara. Ao desbordarse as mostras de emoción, o primeiro ministro debe atopar o xeito de volver a conectar á monarca cos seus suditos. A película apoia en multitude de entrevistas con personaxes conectados estreitamente coa casa real e expertos no tema para amosar un retrato íntimo y a veces humorístico dunha familia en crisis e dun novo primeiro ministro na cumbre do seu pode nun tempo dun extraordinario dor público e privado.
Dirección: Javier CorcueraSinopse: Guínder Rodríguez ten 11 anos. Pertence a unha familia composta polo pai, a nai e tres hirmáns máis. Viven nunha casa chabola na periferia de Lima. Como os seus amigos, traballa como picapedreiro e intenta compaxinar traballo e educación. De mair quer ser contable.
Leyla Zana estaba embarazada do seu segundo fillo cando encarcelaron ao seu marido Mehdi. Aprendeu a falar turco para poder visitarlo na cárcere. Logo comezou a estudar e chegou a ser a primeira muller kurda elixida diputada por Diyarbarki.
Thomar Miller leva dende 1986 no corredor da morte de Texas (USA) acusado de roubo e dobre asasinato. Dende entón coñeceu a 120 persoa que foron executadas e xa tivo dez datas de execución que non se chegaron a cumprir grazas ás apelacións presentadas polo seu avogado.
Dirección: Peyton ReedSinopse: As comedias románticas transcorren según un patrón a proba de bombas: Chico coñece a chica, as cousas van vento en poa, logo se complican un pouco, pero todo remata ben, son felices. Pero, que pasa cando o rapaz e a rapaza chegan esgotados a casa despois dun duro día de traballo? Cando comeza a rutina a sacarlles de quicio? Así comeza “Separados”, unha comedia romántica pouco convencional que conta a viaxe, ás veces cómica, outras dolorosa, pero sempre entretida, dunha parella en plena deconstrución do que foi unha sólida e afectuosa relación. Gary e Brooke son unha parella que despois de dous anos de matrinonio descobren que non queda nada cando unha pequena discusión se converte nunha pelexa fóra de toda medida. Ningún dos dous quere deixar o apartamento que tiñan compartido ata ese momento, e comeza a auténtica guerra. Decididos a seguir os consellos, a miudo equivocados, de amigos e parentes, poñen en práctica unha serie de planes deseñados ou bien a botar ao outro do apartamento ou a conquistalo de novo.
Dirección: Nancy MeyersSinopse: Iris y Amanda son dúas mulleres que non poden ser máis distintas. Unha vive nunha acolledora casiña inglesa e a outra nunha despampanante mansión de Hollywood, pero que comparten a súa mala sorte cos homes. Desesperadamente necesitados de evasión, coñecense a través de Internet e, levadas dun impulso irresistible, intercambian as súas casas. Ambas atopan o último que cada unha delas desaxa ou espera, un novo amor, e descobren que un cambio de dirección pode realmente supoñer un cambio de vida.
Dirección: Woody AllenSinopse: Sondra Pransky é unha estudante americana de periodismo que se atopa en Gran Bretaña visitando a uns amigos. Durante a súa estancia en Londres, acode a un espectáculo de maxia onde o ilusionista faina subir ao esceario para realizar un dos seus trucos: neste, ela debe desaparecer. Mentres Sondra está esperando “desmaterializarse”, recibe a visita da pantasma dun reporteiro falecido que lle dará a exclusiva do ano. O esprito afirma que Meter Lyman, o rico e atractivo fillo dun coñecido aristócrata británico, está levando unha dobre vida como o Asesiño do Tarot, un asesiño en serie que leva tempo aterrorizando ao país e eludindo á xustiza. Coa axuda do mago, Sondra comeza a investigar a noticia e consegue xuntar certas evidencias incriminatorias contra Lyman. De todos xeitos, canto máis sabe del, máis perigosa se torna a investigación, sobre todo cando nota que comeza a namorarse do atractivo presunto criminal.
Dirección: Neil Burger
Dirección: Iciar Bollaín.
Dirección: Charles DanceSinopse: Cornualles, 1936: A pesar dos grandes acontecementos históricos que están a piques de suceder en Europa, Cornualles mantense como un recuncho do mundo ao abrigo do paso do tempo e dos avatares do exterior. Da información que lles chega a través da radio, granxeiros e pescadores só amosan interese pola predición atmosférica e o estado do mar. Tampouco os forasteiros nin os desocupados son especialmente benvidos nesta pechada comunidade. O descubrimento dun “naufrago” na praia que hai baixo da súa casa, perturbará sen embargo as tranquilas vidas das irmás Janet e Ursula Widdington e da comunidade na que residen dende sempre. Arroxado pola borda dun barco que se dirixía dende o Continente Europeo a América, as intencións primeiras de Andrea Marowski eran comezar unha nova vida en NY, lonxe dunha Europa cada vez máis cercana á guerra, e especialmente dos sentimentos antisemitas, unha ameaza cada vez máis próxima para o xoven violinista de Cracovia. O ter sobrevivido é casi unha miragre e así o senten tanto el mesmo como as irmás Widdington. Coa axuda dun médico local, conseguirán a súa recuperación.