30.5.08

ABRE LOS OJOS

Dirección: Alejandro Amenabar
País: España (1997)
Interpretación: Eduardo Noriega, Penélope Cruz, Chete Lera, Fele Martínez
Fotografía: Hans Burmann
Produción: Coprodución España-Francia-Italia
Música: Alejandro Amenabar, Mariano Marín


Sinopse: Herdeiro dunha considerable fortuna, ben parecido, con éxito entre as mulleres, César é un xoven a quen a vida lle sorrie. Unha noite, Pelayo, o seu mellor amigo, preséntalle a Sofía, de que César se namora nese mesmo momento.
Esa mesma noite, Nuria, a última rapaza coa que César mantivera unha relación e que segue aferrada a el dun xeito obsesivo, ofrécese para acompañalo a casa. No transcurso do traxecto, Nuria xira o volante e lanza o coche pou un precipicio en cuxo fondo comeza para César o peor dos pesadelos que ninguén podería imaxinar.


23.5.08

EN LA TINIEBLA

Dirección: Craig Rosenberg
País: USA e Alemaña (2006)
Interpretación: Demi Moore, Hans Matheson, Kate Isitt, James Cosmo, Joanna Hole
Fotografía: Ashley Rove
Produción: Joel B. Michaels, Garth H. Grabinsky
Música:
Brett Rosenberg

Sinopse: A vida da exitosa autora de novelas de misterio Rachel Carlson vense abaixo cando o seu querido fillo Thomas, de sete anos, morre afogado na súa casa de Primrose Hill e posteriormente o seu matrimonio rómpese. Coa esperanza de que consiga refacer a súa vida e volva a escribir, a súa mellor amiga Sharon alguila unha saiña illada nunha pequena e remota aldea costeira á que Rachel se traslada. Sen embargo, xusto cando comeza a sentir que se está a recuperar, comeza a ter visións do seu difunto fillo.
Ficha Técnica 1
Ficha Técnica 2
Trailers
Páxina Oficial

13.5.08

AEONFLUX

Dirección: Karyn KusamaPaís: USA (2005)
Interpretación: Charlize Theron, Marton Csokas, Jhonny Lee Miller
Fotografía: Stuart Dryburgh
Produción: Gale Anne Hard, David Gale, Gregory Goodman
Música: Graeme Revell

Sinopse: Século XXV. Un terrible virus arrasou con toda a humanidade, excepto con Bregna, unha cidade controlada por cámaras de seguridade e liderada por un grupo de científicos. Aeon Flux, no seu día unha terrible asasiña, encárgase de protexer á comunidade das innumerables ameazas externas.
Ficha Técnica 1
Ficha Técnica 2

5.5.08

IN GOOD COMPANY

Dirección: Paul Weitz
País: USA (2004)
Interpretación: Dennis Quaid, Scarlett Johansson, Topher Grace
Fotografía: Remi Adafarasin
Produción: Paul Weitz e Chris Weitz
Música: Stephen Trask

Sinopse: Dan Foreman ten 51 anos e a súa vida é boa.. en conxunto. O veterano xefe de vendas de publicidade do semanario Sports America acaba de celebrar o mellor ano da revista, grazas en grande medida á cálido, honesto e amizoso xeito de negociar de Dan e ao esprito de equipo do departamento que el encabeza. Incluso as noticias do inesperado embarazo da súa esposa e da admisión da súa filla maior, Alex, na exclusiva Universidade de NY fan feliz a Dan, aínda que lle deixan lixeiramente preocupado pola economía familiar, pero, como sempre fai, conseguerá atopar unha solución. Carter Duryea ten 26 anos e pensa que a súa vida é formidable, na súa maior parte. O xoven prodixio ten progresado na multinacional Globecom. Os directivos incluso o coñecen polo seu nome. Carter está sendo preparado para o seu próximo peldaño na escaleira corporativa: dirixir a venda de publicidade nunha das principais publicacións recentemente adquiridas por Globecom na súa derradeira operación, a revista Sports America. Desafortunadamente para Carter, o seu ascenso coincide co final dos seus sete meses de matrimonio e non ten a ninguén, salvo un peixe, con quen compartir a súa felicidade. Pero sabe que está no bon camiño...


4.5.08

MRS. HENDERSON

Dirección: Stephen Frears
País: Reino Unido (2005)
Interpretación: Judi Dench, Bob Hoskins, Will Young, Christopher Guest, Kelly Reilly
Fotografía: Andrew Dunn
Produción: Norma Heyman
Música: George Fenton

Sinopse: Corre o ano 1937 e a rica Laura Hendreson acaba de quedar viuva. Ten moitos cartos e, pese aos seus 69 anos, segue tan vital como sempre polo que decide mercar o teatro Windmill do Soho londinense e convertelo no sitio de moda da cidade. Non ten nin idea de cómo levar un teatro, e por iso, decide contratar a Vivian Van Damm, un home do espectáculo que consegue que o Windmill estea sempre cheo ata que o resto dos teatros da zona lles copian. É entón cando deciden subir rapazas no esceario e obteñen permiso da censura coa condición de que as rapazas espidas non se movan. O espectáculo do Windmill volve a ser todo un éxito pero cando comezan os bombardeos de Londres, o goberno ameaza con pechar o teatro. Para evitalo, a señora Henderson terá que enfrontarse con numerosas adversidades.

Ficha Técnica 1
Ficha Técnica 2

Trailers
Páxina Oficial
Na Wikipedia