20.9.08

El Señor Ibrahim y las Flores del Corán

Dirección: Francoise Dupeyron
País: Francia (2003)
Interpretación: Omar Sharif, Pierre Boulanger, Gilbert Melki, Isabelle Renauld.
Fotografía: Rémy Chevrin
Produción: ARP France3 Cinéma
Música: Françoise Maurel

Sinopse: Durante o comezo dos anos 60, París, como a meirande parte de Europa, era unha explosión de vida. Todo estaba cambiando e a cidade encheuse dunha enerxía que prometía cambios culturais e sociais. Neste transfondo, nunha vecindade de clase obreira, coñécense un xove xudeo, Momo e un vello musulmán, Ibrahim. Momo é un orfo cuxos únicos amigos son as prostitutas da rúa, que o tratan cun grande afecto. Momo merca comestibles na tenda do señor Ibrahim, un silencioso e exótico home que ve e sabe máis do que revela. Ibrahim, o tendeiro árabe da rúa Azul, convértese no mellor amigo do xove e xuntos comezan unha viaxe que cambiará as súas vidas de sempre.

Pero as apariencias enganan; nin a rúa é azul, nin o árabe é árabe. E a vida non ten por que ser sempre triste...

5.6.08

BROKEBACK MOUNTAIN

Dirección: Ang Lee
País: USA (2005)
Interpretación: Heath Ledger, Jake Gyllenhaal, Anne Hathaway, Michelle Williams
Fotografía: Rodrigo Prieto
Produción: Paramount Pictures
Música: Gustavo Santaolalla

Sinopse: Unha historia arroiadora que examina as vidas de dous xoves, un peón de rancho e un vaqueiro de rodeos, que se coñecen no verán de 1963 e que, dun xeito inexplicable, forxan unha relación que dura toda a vida. As complicacións, as alegrías e a congoxa que experimentan son unha testemuña da forza e a resistencia do amor.


4.6.08

EL SECRETO DE LOS HERMANOS GRIMM

Dirección: Terry Gilliam
País: Reino Unido (2005)
Interpretación: Head Ledger, Matt Damon, Monica Bellucci, Peter Stormare,
Fotografía: Newton Thomas Sigel
Produción: Daniel Bobker, Charles Roven
Música: Darío Marianelli

Sinopse: Unha bataia épica entra a fantasía e a realidade.
Os famosos irmáns Will e Jake Grimm viaxan pola Grancia napoleónica derrotando a fiticios monstruos e demos a cambio de algo de diñeiro rápido. Pero cando as autoridades francesas obrigan a estes estafadores a loitar contra unha verdadeira maldición, terán que internarse nun bosque enfeitizado e rescatar á xóvenes doncellas.


3.6.08

ORGULLO Y PREJUICIO

Dirección: Joe Wright
País: Reino Unido (2005)
Interpretación: Keira Knightly, Matthew Macfadyen, Donald Sutherland, Brenda Blethyn
Fotografía: Roman Osin
Produción: Tim Bevan, Eric Fellner, Paul Webster
Música: Darío Marianelli

Sinopse: As cinco irmás Benet foron educados pola súa nai cun só propósito na vida, encontrar marido. Sen embargo, á segunda irmá, Lizzie ocórrenselle 100 razóns para non casar.

Cando chega a oidos de Mr. Bennet a excitante noticia de que un rico solteiro vai instalarse nunha mansión preto da súa, este quedará encantado ante a prespectiva de pretendentes axeitados para as súas fillas. O recén chegado Mr. Charles Bingley queda inmediatamente prendado da irmá maior, Jane. Pero, cando Lizzie coñece ao atractivo e snob Mr. Dancy, desátase a tormenta e os seus sentimentos quedan divididos entre amor, orgullo e prexuizo. ¿Poderán superalos e encontrará Lizzy finalmente unha razón para casarse?


2.6.08

UNA VIDA POR DELANTE

Dirección: Lasse Halström
País: USA (2005)
Interpretación: Robert Redford, Jeniffer López, Morgan Freeman, Josh Lucas
Fotografía: Oliver Stapleton
Produción: Leslie Holleran, Alan Ladd Jr.,
Música: Christopher Young

Sinopse: Jean, unha rapaza viuva, cansada dos malos tratos aos que a somete a súa actual parella, fuxe coa súa filla ao seu pobo natal, a casa do seu sogro Einer. Este, un rancheiro que deixou arruinar a súa granxa e o seu matrimonio, dende que morreu o seu filla hai xa dez anos, vive xunto ao seu mellor amigo e axudante Mitch e gárdalle a Jean un fondo rancor ao considerala culpable da morte do seu fillo.


30.5.08

ABRE LOS OJOS

Dirección: Alejandro Amenabar
País: España (1997)
Interpretación: Eduardo Noriega, Penélope Cruz, Chete Lera, Fele Martínez
Fotografía: Hans Burmann
Produción: Coprodución España-Francia-Italia
Música: Alejandro Amenabar, Mariano Marín

Sinopse: Herdeiro dunha considerable fortuna, ben parecido, con éxito entre as mulleres, César é un xoven a quen a vida lle sorrie. Unha noite, Pelayo, o seu mellor amigo, preséntalle a Sofía, de que César se namora nese mesmo momento.

Esa mesma noite, Nuria, a última rapaza coa que César mantivera unha relación e que segue aferrada a el dun xeito obsesivo, ofrécese para acompañalo a casa. No transcurso do traxecto, Nuria xira o volante e lanza o coche pou un precipicio en cuxo fondo comeza para César o peor dos pesadelos que ninguén podería imaxinar.


23.5.08

EN LA TINIEBLA

Dirección: Craig Rosenberg
País: USA e Alemaña (2006)
Interpretación: Demi Moore, Hans Matheson, Kate Isitt, James Cosmo, Joanna Hole
Fotografía: Ashley Rove
Produción: Joel B. Michaels, Garth H. Grabinsky
Música:
Brett Rosenberg


Sinopse: A vida da exitosa autora de novelas de misterio Rachel Carlson vense abaixo cando o seu querido fillo Thomas, de sete anos, morre afogado na súa casa de Primrose Hill e posteriormente o seu matrimonio rómpese. Coa esperanza de que consiga refacer a súa vida e volva a escribir, a súa mellor amiga Sharon alguila unha saiña illada nunha pequena e remota aldea costeira á que Rachel se traslada. Sen embargo, xusto cando comeza a sentir que se está a recuperar, comeza a ter visións do seu difunto fillo.

Ficha Técnica 1
Ficha Técnica 2

Trailers
Páxina Oficial

13.5.08

AEONFLUX

Dirección: Karyn Kusama
País: USA (2005)
Interpretación: Charlize Theron, Marton Csokas, Jhonny Lee Miller
Fotografía: Stuart Dryburgh
Produción: Gale Anne Hard, David Gale, Gregory Goodman
Música: Graeme Revell

Sinopse: Século XXV. Un terrible virus arrasou con toda a humanidade, excepto con Bregna, unha cidade controlada por cámaras de seguridade e liderada por un grupo de científicos. Aeon Flux, no seu día unha terrible asasiña, encárgase de protexer á comunidade das innumerables ameazas externas.

Ficha Técnica 1
Ficha Técnica 2

Trailer
Páxina Oficial
Na Wikipedia (Eng)

5.5.08

IN GOOD COMPANY

Dirección: Paul Weitz
País: USA (2004)
Interpretación: Dennis Quaid, Scarlett Johansson, Topher Grace
Fotografía: Remi Adafarasin
Produción: Paul Weitz e Chris Weitz
Música: Stephen Trask

Sinopse: Dan Foreman ten 51 anos e a súa vida é boa.. en conxunto. O veterano xefe de vendas de publicidade do semanario Sports America acaba de celebrar o mellor ano da revista, grazas en grande medida á cálido, honesto e amizoso xeito de negociar de Dan e ao esprito de equipo do departamento que el encabeza. Incluso as noticias do inesperado embarazo da súa esposa e da admisión da súa filla maior, Alex, na exclusiva Universidade de NY fan feliz a Dan, aínda que lle deixan lixeiramente preocupado pola economía familiar, pero, como sempre fai, conseguerá atopar unha solución. Carter Duryea ten 26 anos e pensa que a súa vida é formidable, na súa maior parte. O xoven prodixio ten progresado na multinacional Globecom. Os directivos incluso o coñecen polo seu nome. Carter está sendo preparado para o seu próximo peldaño na escaleira corporativa: dirixir a venda de publicidade nunha das principais publicacións recentemente adquiridas por Globecom na súa derradeira operación, a revista Sports America. Desafortunadamente para Carter, o seu ascenso coincide co final dos seus sete meses de matrimonio e non ten a ninguén, salvo un peixe, con quen compartir a súa felicidade. Pero sabe que está no bon camiño...


4.5.08

MRS. HENDERSON

Dirección: Stephen Frears
País: Reino Unido (2005)
Interpretación: Judi Dench, Bob Hoskins, Will Young, Christopher Guest, Kelly Reilly
Fotografía: Andrew Dunn
Produción: Norma Heyman
Música: George Fenton

Sinopse: Corre o ano 1937 e a rica Laura Hendreson acaba de quedar viuva. Ten moitos cartos e, pese aos seus 69 anos, segue tan vital como sempre polo que decide mercar o teatro Windmill do Soho londinense e convertelo no sitio de moda da cidade. Non ten nin idea de cómo levar un teatro, e por iso, decide contratar a Vivian Van Damm, un home do espectáculo que consegue que o Windmill estea sempre cheo ata que o resto dos teatros da zona lles copian. É entón cando deciden subir rapazas no esceario e obteñen permiso da censura coa condición de que as rapazas espidas non se movan. O espectáculo do Windmill volve a ser todo un éxito pero cando comezan os bombardeos de Londres, o goberno ameaza con pechar o teatro. Para evitalo, a señora Henderson terá que enfrontarse con numerosas adversidades.

Ficha Técnica 1
Ficha Técnica 2

Trailers
Páxina Oficial
Na Wikipedia