23.4.08

PROMISES

Dirección: Carlos Bolado
País: USA.(2001)
Interpretación: BZ, Faraj, Yarko, Sanabel, Daniel, Mahmoud, Moishe.
Produción: Janet Cole

Sinopse: Promises ofrécenos un retrato humano do conflicto palestino. A partir das testemuñas de sete rapaces e rapazas (de 9 a 13 anos), coñeceremos o complicado que é crecer en Xerusalén. Aínda que os nenos viven só a vinte minutos de distancia entre si, habitan en mundos radicalmente diferentes, practicamente incomunicados, e son conscientes da situación. A súa visión das cousas está modelada polas imposicións dos adultos que os rodean. Pero este grupo decidiu saltar as barreiras para encontrarse cos seus veciños.

Ficha Técnica 1 (English)
Ficha Técnica 2

22.4.08

SÓLO MÍA

Dirección: Javier Balaguer.
País: España.(2001)
Interpretación: Sergi López (Joaquín), Paz Vega (Ángela)
Guión: Álvaro García Mohedano e Javier Balaguer.
Produción: Juan Alexander.
Fotografía: Juan Molina.

Sinopse: O amor xurdiu entre eles dun flechazo. Casaron aos poucos meses e eran felices. O seu primeiro embarazo encheunos de dicha... ata que pouco despois apareceron os primeiros reproches e os primeiros insultos. Tan só foi necesario un día, para que Ángela descobrira o verdadeiro carácter do seu esposo...

16.4.08

THE QUEEN

Dirección: Stephen Frears
País: Reino Unido, Francia, Italia (2006)
Interpretación: Helen Mirren, Michael Sheen, James Cronwell, Sylvia Syms, Alex Jennings
Produción: Andy Harries, Christine Langan
Fotografía: Affonso Beato


Sinopse: Cando a noticia da morte da princesa Diana golpea ao sorprendido público británico, a raiña Isabel II retírase tras os muros do castelo de Balmoral coa súa familia, incapaz de comprender a desposta do pobo á tragedia. Para Tony Blair, primeiro ministro recén elidido, a necesidade do pobo do consolo e comprensión dos seus líderes está clara. Ao desbordarse as mostras de emoción, o primeiro ministro debe atopar o xeito de volver a conectar á monarca cos seus suditos. A película apoia en multitude de entrevistas con personaxes conectados estreitamente coa casa real e expertos no tema para amosar un retrato íntimo y a veces humorístico dunha familia en crisis e dun novo primeiro ministro na cumbre do seu pode nun tempo dun extraordinario dor público e privado.

LA ESPALDA DEL MUNDO

Dirección: Javier Corcuera
País: Perú, Turquía, USA.(2000)
Interpretación: Guinder Rodríguez, Mehdi Zana, Thomar Miller
Guión: Elías Querejeta, Fernando León de Aranoa
Produción: Elías Querejeta
Fotografía: Jordi Abusada

Sinopse: Guínder Rodríguez ten 11 anos. Pertence a unha familia composta polo pai, a nai e tres hirmáns máis. Viven nunha casa chabola na periferia de Lima. Como os seus amigos, traballa como picapedreiro e intenta compaxinar traballo e educación. De mair quer ser contable.
Leyla Zana estaba embarazada do seu segundo fillo cando encarcelaron ao seu marido Mehdi. Aprendeu a falar turco para poder visitarlo na cárcere. Logo comezou a estudar e chegou a ser a primeira muller kurda elixida diputada por Diyarbarki.
Thomar Miller leva dende 1986 no corredor da morte de Texas (USA) acusado de roubo e dobre asasinato. Dende entón coñeceu a 120 persoa que foron executadas e xa tivo dez datas de execución que non se chegaron a cumprir grazas ás apelacións presentadas polo seu avogado.

Ficha Técnica
Guía Didáctica
Actividades
Trailer