19.10.07

LA INTÉRPRETE

Dirección: Sydney Pollack
País: Reino Unido e USA (2005)
Interpretación: Nicole Kidman, Sean Penn, Catherine Keener, Ivan Attal, Jesper Christensen, Earl Cameron, Sydney Pollack.
Fotografía: Darius Khondji
Produción: Tim Bevan, Eric Fellner e Kevin Misher
Música: James Newton Howard

Sinopse: Silvia Broome é unha intérprete das Nacións Unidas, nacida en África, que oe como ameazan de morte a un presidente africano, acusado de xenocidio no seu país, que nuns días dará un discurso na Asamblea Xeral. Tobin Keller é o axente federal encargado de protexela, pero pouco a pouco comezan a levantarse sospeitas sobre os ideais e motivos dela.


18.10.07

SECRETOS COMPARTIDOS

Dirección: Ben Younger
País: USA.(2005)
Interpretación: Meryl Streep, Uma Thurman, Bryan Greenberg, John Abrahams
Fotografía: William Rexer
Produción: Suzanne Todd e Jennifer Todd.

Sinopse: Situada no colorido e animado telón de fondo dun Manhattan do noso tempo, “Secretos Compartidos” é unha inxeniosa comedia romántica sobre os xuizos e tribulacións dunha desigual parella de namorados. Rafi, unha directora de fotografía de 37 anos recén divorciada, coñece a David, un pintor de 23 recén licenciado. “Secretos Compartidos” explora o que acontece cando o amor a primeira vista se enfronta coa realidade do día a día nunha relación de adultos. A doctora Lisa Metzger, a psiquiatra de Rafi, que está intentando axudalo a superar os seus medos para poder reanudar unha relación íntima, dase de conta de que o novo amante de Rafi é, desafortunadamente para Lisa, o seu único fillo, David. David e Rafi deberán enfrontarse a unha diferencia de idade de 14 anos, a dos pasados infinitamente diferentes e ás demandas da madre tradicional de David.

Esta película é unha mirada franca cara un romance moderno e urbano presentado abertamente e con un sentido do humor que explora a ledicia de namorarse perdidamente de alguén, e as pelexas que inevitablemente xorden desta nova relación.