19.11.17

QUIERO SER COMO BECKHAM

Dirección: Gurinder Chadha
País: Reino Unido (2002)
Guión: Gurinder Chadha, Paul Mayeda Berges, Guljit Bindra
Música: Craig Pruess
Fotografía: Jong Lin
Reparto: Parminder Nagra, Keira Knightley, Jonathan Rhys-Meyers, Anupam Kher, Archie Panjabi, Shaznay Lewis, Frank Harper, Juliet Stevenson

Sinopse: Os pais de Jess (Parminder NagraI queren que sexa unha convencional rapaza india, pero ela só quere xogar ao futbol como David Bechham, a estrela do Manchester United. Un día, Jules (Keira Knightley), unha rapaza da súa idade, invítaa a unirse ao equipo de futbol feminino locar. Os seus pais non entenden por que xoga ao futbol en vez de estudar Dereito y aprende a cociñar, por que non intenta parecerse a Pinky (Panjabi), a súa irmá maior, que está prometida co home axeitado. Ademáis, a Jules e a Jess gústalles o mesmo rapaz, o seu entrenador Joe.

Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3
Guía Didáctica 4 (Profesorado)
Caderniño Didáctico (Alumnado)
Guía Didáctica 5 (Profesorado)
Caderniño Didáctico (Alumnado) 

MOOLADÉ

Dirección: Ousmane Sembene
País: Senegal (2004)
Guión: Ousemane Sembene
Música: Boncana Maïga
Fotografía: Dominique Gentil
Reparto: Helene Diarra, Fatoumata Coulibaly, Salimata Traore, Dominique T. Zeida, Mah Compaore, Naky Savane

Sinopse: Collé Ardo vive nun pobo africano. Fai sete anos non permitiu que a súa filla fora sometida á ablación, unha práctica que lle parece unha barbarie. Hoxe catro nena fuxen para escapar do ritual da purificación e piden a Collé que as protexa. A partir dese momento, enfróntanse dous valores: o respecto ao dereito de asilo (o moolaadé) e a tradición da ablación.


Guía Didáctica 3

INDOCHINA

Dirección: Régis Wargnier
País: Francia (1992)
Guión: Catherine Cohen, Louis Gardel, Erik Orsenna, Régis Warnier
Música: Patrick Doyle
Fotografía: François Catonné
Reparto: Catherine Deneuve, Vincent Pérez, Jean Yanne, Dominique Blanc, Henri Marteaur, Linh Dan Pham, Carlo Brandt, Gérard Lartigau, Thibault de Montalembert, Hubert Saint Macary, Andrzej Sewernyn

Sinopse: Drama romántico que ten como telón de fondo a xestación da revolución comunista cuxo estoupido provocou o fin da colonización francesa de Indochina e o nacemento de Vietnam (1954). Consiguiu o Óscar á mellor película estranxeira, e a francesa Catherine Deneuve foi nominada na categoría de mellor actriz. Unha elegante muller de acendencia francesa, poderosa propietaria dunha inmensa plantación de caucho, ten dous grandes amores: a súa filla adoptiva e Indochina.


Ficha Técnica
Guía Didáctica 1

FLORES DE OTRO MUNDO

Dirección: Icíar Bollaín
País: España (1999)
Guión: Icíar Bollaín, Julio Llamazares
Música: Pascal Gaigne
Fotografía: Teo Delgado
Reparto: Lissete Mejía, Luis Tosar, Marilín torres, Chete Lera, Elena Irureta, Amparo Valle, Rubén Ochandiano, Chiqui Fernández, Antonio de la Torre

Sinopse: Patricia, unha dominicana, busca un fogar e unha seguridade económica que a súa situación de inmigrante ilegal non lle permite acadar en Madrid. Milady, unha cubana de vinte anos, soña con percorrer o mundo. Marirrosi, unha bilbaina con casa e traballo, vive na máis completa soidade, unha soidade como a que comparten Alfonso, Damián e Carmelo, veciños de Santa Eulalia, un pobo sen mulleres casadeira nin futuro. Grazas a unha festa organizada polos solteiro do pobo, uns e outras coñécense e comeza unha agridoce historia de convivencia ás veces imposible.


Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3
Guía Didáctica 4

ERIN BROCKOVICH

Dirección: Steven Soderbergh
País: EEUU (2000)
Guión: Susannah Grant
Música: Thomas Newman
Fotografía; Edward Lachman
Reparto: Julia Roberts, Albert Finney, Aaron Eckhart, Peter Coyote, Marg Helgenberger, Cherry Jones, Scott Leavenworth, T. J. Thyne

Sinopse: Erin Brockovich é unha nai solteira que consegue un posto de traballo nun pequeno despacho de avogados. A súa personalidade pouco convencional fará que os seus comezos non sexan demasiado alentadores, pero todo cambiará cando decida investigar o extraño caso duns clientes que padecen unha sospeitosa enfermidade.


Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3
Guía Didáctica 4

EL MILAGRO DE ANA SULLIVAN

Dirección: Arthur Penn
País: EEUU (1962)
Guión: William Gibson
Música: Laurence Rosenthal
Fotografía: Ernesto Caparros
Reparto: Anne Bancroft, Patty Duke, Andrew Prine, Inga Swenson, Victor Jori, Jack Hollander

Sinopse: Unha familia contrata a Ana Sullivan para educar a Helen, unha nena xorda e cega. Un trauma infantil, un oscuro complexo de culpa, pola morte do seu irmá, impulsa á mestra a redimirse mediante a educación da nena. A incompetencia e a neglixencia dos pais fixeron de Helen unha nena mimada, incapaz de someterse a ningunha disciplina, e coa que toda comunicación parece imposible. A adolescente vive illada nun mundo propio completamente alleo aos demáis. Sen embargo, Ana Sullivan conseguirá, con moita paciencia e rigo, romper esa burbulla, ese illamento.


Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3

BILLY ELLIOT

Dirección: Stephen Daldry
País: Reino Unido, Francia (2000)
Guión: Lee Hall
Música; Stephen Warbeck
Fotograía; Brian Tufano
Reparto: Ell, Julie Walters, Gary Lewis, Jamie Draven, Adam Cooper, Jean Heywood, Stuart Wells, Nicola Blackwell

Sinopse: En 1984, durante unha folga de mineiros no condado de Durham, sucédense os enfrontamentos entre piquetes e policía. Entre os mineiros máis exaltados están Tony e o seu pai, Este está empeñado en que Billy, o seu fillo pequeno, reciba clases de boxeo. Pero, aínda que o rapaz ten un bo xogo de pernas, carece por completo de pegada. Un día, no ximnasio, Billy observa a clase de ballet da señora Wilkinson, unha muller de carácter severo que o anima a participar. A partir dese momento, Billy dedicarase apaixoadamente á danza.


Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2
Guía Didáctica 3
Guía Didáctica 4
Guía Didáctica (Profesorado)
Cuaderniño (Alumnado) 

OLIVER TWIST

Dirección: Roman Polanski
Pais: Reino Unido, Rep. Checa, Francia, Italia (2005)
Guión: Ronald Harwood
Música: Rachel Portman
Fotografía: Pawel Edelman
Reparto: Barney Clark, Ben Kingsley, Harry Eden, Jamie Foreman, Mark Strong, Leanne Rowe, Edward Hardwicke, Lewis Chase, Alun Armstrong

Sinopse: Os nenos dun orfanato pasan tanta fame que, desesperados, deciden que un deles fales do asunto ao director. O elixido é Oliver Twist, que será expulsado do centro e ofrecido como aprendiz a quen o queira contratar. Despois de limpar chimeneas e traballar como axudante dun enterrador, Oliver fuxe e chega a Londres. Nas aforas da cidade, cando e famento, coñece a Artful Dodger, que lle ofrece aloxamento. Dende entón verase obrigado a traballar para o malvado Fagin que dirixe unha banda de rapacer carteiristas.


Ficha Técnica
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2


BUDA EXPLOTÓ POR VERGÜENZA

Dirección: Hana Makhmalbaf
Pais: Irán (2007)
Guión: Marzieh Meshkini
Música: Tolibhon Shakhidi
Fotografía: Ostad Ali
Reparto: Nikbakht Noruz, Abdolali Hoseianali, Abbas Alijome

Sinopse: Baixo a statua de Buda que destruiron os talibáns, aínda viven miles de familias. Baktay, unha nena afgana de seis anos, é incitada a ir á escola polo fillo dos seus veciños que le os alfabetos fronte á súa cova. De camiño á escola, é acosada por uns nenos que xogan de forma cruel reflectindo a sociedade tan violenta que os envolve. Os nenos pretende lapidar a Baktay, ou destruila como ao Buda, ao disparar contra ela como fixeron os americanos no labirinto de covas. Será quen Baktay de superar estes obstáculos para poder aprender os alfabetos na súa lingua nai?


Ficha Técnica 1
Ficha Técnica 2
Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2

EL COLOR PÚRPURA

Dirección: Steven Spielberg
Pais: EEUU (1985)
Interpretación: Danny Glover, Whoopi Goldberg, Adolph Caeser, Akosua Buria, Laurence Fishburne, Oprah Winfrey, Rae Dawn Chong, Margaret Avery, Bennet Guillory.
Fotografía: Allen Daviau
Música: Quincy Jones

Sinopse: Principios do século XX. Narra a historia de Celie, unha adolescente negra de catorce anos que está embarazada do seu propio pai, un home despótico e cruel. A partir de entonces a súa vida estará chea de dor e humillacións.


 Ficha Técnica
 Guía Didáctica 1
Guía Didáctica 2

20.9.08

EL SEÑOR IBRAHIM Y LAS FLORES DEL CORÁN

Dirección: Francoise Dupeyron
País: Francia (2003)
Interpretación: Omar Sharif, Pierre Boulanger, Gilbert Melki, Isabelle Renauld.
Fotografía: Rémy Chevrin
Produción: ARP France3 Cinéma
Música: Françoise Maurel


Sinopse: Durante o comezo dos anos 60, París, como a meirande parte de Europa, era unha explosión de vida. Todo estaba cambiando e a cidade encheuse dunha enerxía que prometía cambios culturais e sociais. Neste transfondo, nunha vecindade de clase obreira, coñécense un xove xudeo, Momo e un vello musulmán, Ibrahim. Momo é un orfo cuxos únicos amigos son as prostitutas da rúa, que o tratan cun grande afecto. Momo merca comestibles na tenda do señor Ibrahim, un silencioso e exótico home que ve e sabe máis do que revela. Ibrahim, o tendeiro árabe da rúa Azul, convértese no mellor amigo do xove e xuntos comezan unha viaxe que cambiará as súas vidas de sempre. Pero as apariencias enganan; nin a rúa é azul, nin o árabe é árabe. E a vida non ten por que ser sempre triste...

5.6.08

BROKEBACK MOUNTAIN

Dirección: Ang Lee
País: USA (2005)
Interpretación: Heath Ledger, Jake Gyllenhaal, Anne Hathaway, Michelle Williams
Fotografía: Rodrigo Prieto
Produción: Paramount Pictures
Música: Gustavo Santaolalla

Sinopse: Unha historia arroiadora que examina as vidas de dous xoves, un peón de rancho e un vaqueiro de rodeos, que se coñecen no verán de 1963 e que, dun xeito inexplicable, forxan unha relación que dura toda a vida. As complicacións, as alegrías e a congoxa que experimentan son unha testemuña da forza e a resistencia do amor.


4.6.08

EL SECRETO DE LOS HERMANOS GRIMM

Dirección: Terry Gilliam
País: Reino Unido (2005)
Interpretación: Head Ledger, Matt Damon, Monica Bellucci, Peter Stormare,
Fotografía: Newton Thomas Sigel
Produción: Daniel Bobker, Charles Roven
Música: Darío Marianelli

Sinopse: Unha bataia épica entra a fantasía e a realidade.
Os famosos irmáns Will e Jake Grimm viaxan pola Grancia napoleónica derrotando a fiticios monstruos e demos a cambio de algo de diñeiro rápido. Pero cando as autoridades francesas obrigan a estes estafadores a loitar contra unha verdadeira maldición, terán que internarse nun bosque enfeitizado e rescatar á xóvenes doncellas.


3.6.08

ORGULLO Y PREJUICIO

Dirección: Joe Wright
País: Reino Unido (2005)
Interpretación: Keira Knightly, Matthew Macfadyen, Donald Sutherland, Brenda Blethyn
Fotografía: Roman Osin
Produción: Tim Bevan, Eric Fellner, Paul Webster
Música: Darío Marianelli

Sinopse: As cinco irmás Benet foron educados pola súa nai cun só propósito na vida, encontrar marido. Sen embargo, á segunda irmá, Lizzie ocórrenselle 100 razóns para non casar.

Cando chega a oidos de Mr. Bennet a excitante noticia de que un rico solteiro vai instalarse nunha mansión preto da súa, este quedará encantado ante a prespectiva de pretendentes axeitados para as súas fillas. O recén chegado Mr. Charles Bingley queda inmediatamente prendado da irmá maior, Jane. Pero, cando Lizzie coñece ao atractivo e snob Mr. Dancy, desátase a tormenta e os seus sentimentos quedan divididos entre amor, orgullo e prexuizo. ¿Poderán superalos e encontrará Lizzy finalmente unha razón para casarse?


2.6.08

UNA VIDA POR DELANTE

Dirección: Lasse Halström
País: USA (2005)
Interpretación: Robert Redford, Jeniffer López, Morgan Freeman, Josh Lucas
Fotografía: Oliver Stapleton
Produción: Leslie Holleran, Alan Ladd Jr.,
Música: Christopher Young

Sinopse: Jean, unha rapaza viuva, cansada dos malos tratos aos que a somete a súa actual parella, fuxe coa súa filla ao seu pobo natal, a casa do seu sogro Einer. Este, un rancheiro que deixou arruinar a súa granxa e o seu matrimonio, dende que morreu o seu filla hai xa dez anos, vive xunto ao seu mellor amigo e axudante Mitch e gárdalle a Jean un fondo rancor ao considerala culpable da morte do seu fillo.